O pasado 26 de outubro a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense.
A actual estación de autobuses foi construída hai máis de 30 anos. Dadas as súas condicións e tendo en conta o custo que suporía a súa adecuación a outro uso, así como a inconveniencia de deixar un edificio destas dimensións desocupado nunha zona urbana, a Xunta decidiu redactar un proxecto de demolición.
A actuación, cun investimento máis de 523.000 euros, esta bastante avanzada, como puiden constatar hoxe.
Para efectuar as intervención prímase o uso de retroescavadoras e grúas móbiles con acoples especiais de derribo, polo que non se considera necesaria a realización de voaduras nin de microvoaduras.
As obras incluirán o acondicionamento posterior da parcela e a xestión dos correspondentes residuos xerados pola demolición.
Lembrar que se están a ultimar as obras e que este mes estarán finalizados os traballos da nova estación de autobuses, o que permitirá trasladar desde O Pino a actividade á nova terminal da Ponte.
Esta semana a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade fixo fincapé en que a Xunta está a investir 9 millóns de euros para dotar Ourense dunha nova terminal de autobuses intermodal, cofinanciando tamén o aparcadoiro subterráneo que executa ADIF.
Segundo explicou Ethel Vázquez, a estación intermodal de Ourense é a que ten mellores condicións de intermodalidade, pola súa disposición e situación.