O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de decembro de 2020.
Son
os seguintes:
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia medrou en decembro en 2.115 persoas con respecto a novembro, un 1,13 %. O número de parados queda en 189.587.
Por
sectores, 7.385 son da agricultura, 20.459 da industria, 14.618 da construción,
131.281 dos servizos e 15.844 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 24.279 persoas
incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón unha crecemento do
desemprego do 14,69 %.
Ourense:
Medra
o paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 154 persoas, un
0,73 %.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 2.859 persoas
entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un aumento do desemprego do
15,57 %.
O número
de parados queda en 21.218 deles 9.326 son homes e 11.892 mulleres, 20.040 son
maiores de 25 anos e 1.178 menores.
Por
sectores, 1.174 son da agricultura, 2.254 da industria, 1.573 da construción,
14.160 nos servizos e 2.057 do colectivo sen emprego anterior.