Informou a Conseleira de que as obras da estación de autobuses da intermodal de Ourense finalizarán este mes o que permitirá trasladar a actividade á nova terminal da Ponte.
Explicou que de forma paralela continúa a demolición da vella terminal de autobuses do Pino, para liberar o espazo para a construción dunha nova residencia da terceira idade.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade fixo fincapé en que a Xunta está a investir 9 millóns de euros para dotar Ourense dunha nova terminal de autobuses intermodal, cofinanciando tamén o aparcadoiro subterráneo que executa ADIF.
Salientou a aposta da Xunta por dotar Ourense da nova estación de autobuses da intermodal para que a cidade poida aproveitar a oportunidade do Xacobeo de 2021 e 2022 e estea preparada para a chegada do AVE.
Porén, lamentou que comeza un novo ano sen certezas de cando os cidadáns poderán ter a alta velocidade á súa disposición e que o Ministerio de Transportes tampouco teña realizado avances das actuacións de integración urbana e na parte ferroviaria da intermodal da cidade.
Actuacións na cidade
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade lembrou que nos últimos anos o Goberno galego executou actuacións na cidade de Ourense para favorecer a mobilidade e reforzar a seguridade viaria. Puxo como exemplos a mellora da avenida Otero Pedrayo, a 1ª fase de mellora da seguridade en Seixalbo ou a posta en valor da Ponte Romana.
Referiuse, ademais, ás actuacións en execución ou licitadas pola Xunta na cidade das Burgas, que suman un investimento autonómico de 13 millóns de euros.
Na actualidade, está en execución a mellora integral da rúa Marcelo Macías, que rematará en primavera, e tamén as obras da 2ª fase de posta en valor da Ponte Romana, no contorno da capela dos Remedios, que finalizarán en verán. A finais de primavera comezarán as obras da 2ª fase de mellora da seguridade en Seixalbo, a carón do tanatorio, que se licitaron hai uns días e veñen completar a mellora da seguridade viaria e da mobilidade nese barrio ourensán.
Engadiu outras novas intervencións previstas pola Xunta, como a circunvalación leste de Ourense, entre Bemposta e a N-525, que permitirá pechar a circunvalación polo sur.
Vertebración da provincia
No encontro tamén se tratou a aposta da Xunta por seguir contribuíndo á competitividade e vertebración de toda a provincia.
A conselleira subliñou que os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade medran case un 19% ata chegar aos 529 millóns de euros, subindo na provincia ata os 65 millóns, o que permitirá avanzar en infraestruturas clave ou en novas actuacións.
Recordou que en setembro se puxo en servizo o novo acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas, unha infraestrutura estratéxica que dá servizo e favorece a mobilidade dese gran pulmón empresarial de Ourense, cun investimento autonómico de case 22 millóns de euros.
Investimentos da Administración do Estado en Ourense.
A conselleira manifestou a preocupación da Xunta en relación os escasos investimentos que os Orzamentos Xerais do Estado recollen para infraestruturas clave para Ourense.
Neste apartado, déronme a palabra e fixen un repaso ás principais actuacións pendentes:
A-56, Autovía Ourense-Lugo: Lembrei que o 23 de setembro de 2020 tivo lugar, despois de doce anos, a posta en servizo do tramo entre A Barrela (Carballedo) e San Martiño (Vilamarín).
Falei da desidia gobernamental en apostar por avanzar nos proxectos que van desde A Casilla, por Cambeo ata Sanmartiño. Si se fixese o treito de Cambeo-San Martiño sería posible conectar directamente a Autovía coa Nacional-540. Trátase dun treito de 9 quilómetros que precisa dun investimento de 73 millóns de euros e a súa construción é fundamental para darlle funcionalidade ao tramo San Martiño- A Barrela Norte que se acaba de abrir ao tráfico. Remaei dicindo que imos seguir en 2021 insistindo ata a saciedade para que o Goberno rectifique e aprobe o proxecto das obras deste tramo Cambeo-San Martiño e axilice o Cambeo – Ourense.
Variante Norte de Ourense: Dixen que é un feito obxectivo que un tramo especialmente maduro para licitar as obras, é a ligazón de Eirasvedras coa N-120 na súa pk. 573+800 – ligazón de Quintela coa N-120 no p. k. 572,000. Un tramo urbano integrado na autovía A-56, entre Lugo e Ourense, que de executarse solucionaría os problemas de circulación nun tramo de alta intensidade de tráfico e que posibilitaría o proxecto municipal de conversión dese espazo da N-120 nun boulevard termal.
Lembrei que o proxecto de construción do tramo foi aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros. E que o BOE do 21 de novembro de 2019 publicou o anuncio do MITMA de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados.
E dixen que xa vencidos 2020 segue sen materializarse a licitación, agravado polo feito de que nos PGE para 2021 o Goberno socialista consignou para este tramo a ínfima suma de 250.000 € que fai inviable a licitación neste ano. Lembrei que na Lei de PGE de 2018 – con goberno do PP - este tramo tivo unha partida de 2,5 millóns de euros. Finalicei dicindo que imos seguir en 2021 insistindo ata a saciedade para que o Goberno rectifique e licite as obras deste tramo.
Autovía A-76 entre Ourense y Ponferrada:
Informei que na lei de PGE para 2021 confirmouse o nulo interese do Goberno para impulsar esta Autovía.
Se en 2018 a Lei de PGE contemplaba unha consignación total de 4.810.620 € para todos os tramos da A-76, agora para 2021 consignáronse tan só 500.000 euros.
Destaquei especialmente o agravio que supón que no tramo máis avanzado, o proxecto do tramo A Veiga de Cascallá – O Barco de Valdeorras, que debería estar desde 2019 en condicións de ver licitadas as obras, reciba unha ridícula consignación de 100.000 €, cando nos PGE de 2018 tivo unha partida de 3 millóns.
Dixen que hai un maiúsculo desinterese do MITMA e dunha maneira moi especial da Dirección Xeral de Estradas, freando en seco e de forma deliberada, calquera actuación que supoña un avance real desta autovía. Finalicei dicindo que debemos seguir facendo un forte traballo de control e impulso desta autovía ata que sexa licitada.
Variante exterior ferroviaria de alta velocidade:
E que agardamos que neste ano teña lugar a licitación do tramo Taboadela-Túnel de Rante e Tunel de Rante-Seixalbo.
Lembrei que o 21 de decembro de 2020, o ministro Ábalos con ocasión dunha visita aos viadutos ourensáns de Teixeiras, Dixo “que na variante de Ourense xa está aprobado o primeiro dos proxectos e pronto se aprobará o segundo ata Seixalbo. A súa licitación realizarase por tramos sucesivos, para facilitar a posta en servizo segundo complétanse as obras e evitar que tramos concluídos non presten servizo por unha incorrecta planificación."
Dixen que estaríamos moi pendentes deste tema para evitar que volva a pasar o que aconteceu en marzo de 2019, cando ADIF- AV anunciou no DOUE a licitación das obras destres treitos a partir de xullo de 2019, e logo todo quedou en nada.
Finalicei dicindo que licitar a variante exterior de alta velocidade ferroviaria entre Taboadela e Ourense, de 16,9 qm, non é un capricho. E que a solución de aproveitar o trazado actual e modernizalo con 104 millóns, é provisional, xa que non podemos quedarnos con 14 qm. de vía única na entrada de Ourense.
Nova estación ferroviaria de mercadorías no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas:
Informei que o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (MITMA) con data abril de 2020 manifestou que non tiña previsto a curto/medio prazo actuacións para o establecemento dunha terminal de transportes de mercadorías no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.
Proxecto de saneamento do río Barbaña e a mellora da EDAR de San Cibrao das Viñas:
Informei á Comisión da gran importancia que ten para Ourense que salga adiante este proxecto debido a que o río Barbaña é unha masa de auga en estado peor que bo, cunha estiaxe moi acusada nos veráns e outonos, e iso provoca que as verteduras que baixan da máis importante zona industrial da provincia que está en San Cibrao das Viñas, cre problemas no que se refire ao estado das augas.
Por esta razón, a estación depuradora de augas residuais actual, que se mellorou no ano 2015, necesita unha nova ampliación e por iso está aínda sen terminar o proxecto encargado pola CHMS debido a que os adxudicatarios da súa redacción cometeron o erro de situar parte da ampliación en terreos que estaban reservados para un plan parcial dun sector do Plan Xeral de Ordenación Urbana de San Cibrao das Viñas. Así que acumula demora pola necesidade de realizar o proxecto de adaptación máis o que leve facer a declaración ambiental ordinaria.
Finalicei insistindo na importancia de facer un seguimento a este importante proxecto para que canto antes poida ser licitado.
https://www.youtube.com/watch?v=N3S160k1liY&feature=emb_logo