Hai un ano, asistía en Vilariño de Conso ao magnífico desfile da VI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica "ViBoMask" que reuniu a 45 grupos procedentes das catro provincias galegas e de diferentes lugares da xeografía española como Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha e o País Vasco, aos que sumaron grupos de Portugal e Italia.
Tratábase dun anticipo dun do Entroido, que se desenvolvía precisamente no rural ourensán, Viana do Bolo e Vilariño de Conso onde se conservan as verdadeiras raíces da tradición.
Un ano despois a covid-19 conseguiu afectar á Mascarada Ibérica, que xa tería que celebrar a súa sétima edición.
Refresco con esta ligazón o estrañado 12 de febreiro de 2020. Teremos que agardar a 2022.
http://www.celsodelgado.gal/2020/01/asisto-hoxe-en-vilarino-de-conso-ao.html