Lamento moitísimo o pasamento de quen
era delegado da Xunta na capital de España.
Desde que comecei a miña andaina
parlamentaria en Madrid, tiven moitas ocasións de visitar a Casa de Galicia,
onde José Ramón exercía de perfecto anfitrión.
Sempre con profesionalidade, con extrema
amabilidade e simpatía, soubo gañar o afecto e respecto de todos, porque a todos trataba
por igual.
O presidente Feijóo tense referido a José
Ramón Ónega como “o mellor embaixador que puido ter Galicia en Madrid” e
incidiu en que formaba parte “desa ampla lexión de galegos que souberon
galeguizar Madrid” e valorando “o seu esforzo por converter a Casa de Galicia nunha
casa coas portas abertas para a sociedade, a cultura ou as empresas con raíces
na nosa terra”. Estou totalmente dacordo con estas verbas do presidente da
Xunta.
Agora
repasando os arquivos deste Blog, vexo unha entrada publicada o catorce de
decembro de 2016, na que daba conta de que na Casa de Galicia e
presidido polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega tiña lugar a presentación
do programa “Un paseo polo Nadal
de Galicia” pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pensado para promover a
oferta turística da Comunidade nesta época daquel ano.
Nese acto participaba o alcalde de Ourense, Jesús
Vázquez presentando a campaña
do Nadal "Ourense con luz
propia". Eu como ourensán destinado en Madrid, acompañábaos.
Esta foto na que está José Ramón sorrindo, e sostendo
un cartel no que figura o lema “ con luz propia” é ben axeitado para definir a
ese gran galego de Mosteiro, Pol.
Descanse en Paz.