Un proxecto que ten un orzamento Base de Licitación (IVE incluído) de 2.104.872,04 €. A intersección quedará substituída por unha nova ligazón dotada dun paso inferior para a circulación entre Ribela e Sobral a través da OU-0552, así como ramais de entrada e saída na N-525 con carrís de aceleración e deceleración para permitir todos os movementos entre ambas as estradas.
Ademais, proxéctase unha vía de servizo en sentido Santiago entre os PP. KK. 244+000 e 244+860, que permite reordenar os accesos existentes e materializar a súa conexión ao carril de vehículos lentos da estrada a través dun único punto.
Nesa entrada celebraba a aprobación provisional deste proxecto, que levabamos esperando desde hai moitos meses e que provocou a nosa insistente e constante acción parlamentaria para activala. E engadíamos que agardabamos que os trámites anunciados foran xestionados con axilidade; e que estaríamos vixiantes pois estamos diante dunha actuación moi necesaria.
Pese a que a
resolución declaraba a urxencia do proxecto e que ordeaba á Demarcación
de Estradas do Estado en Galicia a incoación dun Trámite de Información
Pública a efectos da declaración de utilidade pública e a necesidade de
urxente ocupación referidos aos bens e dereitos o certo.
Con data 19 de
xaneiro de 2021 formulei unha pregunta ao Goberno: ¿En que mes do ano 2021
licitará o MITMA as obras de “Mellora da
Seguridade viaria na intersección de Ribela, Construción dunha ligazón e
reordenación de accesos na estrada
N-525”, con información da situación actual do expediente?
Con data 23 de
febreiro de 2021 o Goberno respóndenos que: “Tras estudar as alegacións
recibidas, aprobarase o expediente de información pública e definitivamente o
proxecto de trazado, e procederase a completar a redacción do proxecto de
construción. Unha vez aprobado este, poderán licitarse as obras, en función das
dispoñibilidades orzamentarias e a priorización de actuacións dentro das
partidas xenéricas destinada a Actuacións de Conservación e Explotación”