Informa
a web da Xunta que “nese documento deberán concretarse os prazos e os
orzamentos cos que o Estado contribuirá para a organización do Xacobeo, tanto
neste ano como no 2022. No encontro telemático, no que estivo presente tamén a
directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, Alfonso Rueda reiterou
ante Fernando Valdés as reivindicacións que o Goberno galego vén facendo ao
Executivo central para que se involucre na organización do dobre Ano Santo, con
propostas concretas e partidas orzamentarias tanto para os eventos internos que
se pretenden facer este ano, cando as circunstancias sanitarias o permitan,
como para a proxección internacional que se lle espera dar ao Xacobeo no 2022.
Alfonso Rueda recordoulle ao secretario de Estado de Turismo as peticións que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixera ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na reunión que mantiveron o pasado mes de xaneiro, na que reclamou do Estado un fondo de 100 millóns de euros para o Xacobeo: 70 millóns para levar a cabo o Plan de restauración de Bens de Interese Cultural (BIC) no Camiño e 30 millóns para financiar as accións de promoción e a programación que se van levar a cabo no 2021, e coordinando os esforzos de investimento de cara ao 2022.
No
encontro co secretario de Estado de Turismo falouse tamén da oportunidade que
representan os fondos europeos Next Generation para a recuperación do sector
turístico. Aínda que o Estado espera contar con 2.000 millóns de euros para ese
concepto, haberá que definir con que fondos poderá contar Galicia e concretar
os proxectos máis atractivos para potenciar un dos sectores máis afectados pola
crise do coronavirus.”