A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) dentro do "Foro CoLogistics" organizou un seminario titulado “Vertebración Peninsular Corredor Atlántico e o Desenvolemento das Infraestruturas" no que se analizou o estado das conexións ferroviarias entre Galicia e o Norte de Portugal, o mapa da rede transeuropea de transportes, o actual estado da loxística na Eurorrexión, a importancia do tren no desenvolvemento das áreas loxísticas e os portos. E o desenvolvemento das infraestruturas.
Convidado polo presidente da CEP, Jorge Cebreiro participei hoxe nunha das Mesas. En concreto a titulada “As infraestruturas en Galicia e a conexión co Norte de Portugal”
Foi presentada por Javier Touza Touza. Vicepresidente da CEP e presidente de Arvi.
E alternei con outros dous relatores Miguel Rodríguez Bugarín. Catedrático da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña e Ignacio Maestro Saavedra, Director Xeral de Mobilidade.
Este o enlace: https://www.youtube.com/watch?v=95Ck2JoE3Zc&t=2787s