Magnífico o novo sistema de iluminación do templo que
enxalza o seu interior, así como a renovación dos bancos e da sillería.
Lembremos que este proxecto, que comezou en 2009 coa aprobación do Plan director do conxunto catedralicio, iniciouse como un reto de país e converteuse nun éxito colectivo tanto a nivel técnico como de xestión.
Un éxito técnico grazas ao labor de todos os profesionais que participaron nel; e un éxito de xestión grazas ao impulso conxunto do Arcebispado, o Cabido, a Fundación Catedral, e as Administracións que uniron forzas.
Agardemos que pronto rematen as limitacións de mobilidade impostas pola pandemia. e así sexa posible que a Catedral reciba a milleiros de visitantes, e que aproveitemos a prórroga concedida polo Papa Francisco, que permitirá converter este Ano Santo nun evento inédito que se prolongará durante dous anos.