Participo onte, vía telemática na reunión do Comité de Dirección do PPdeG no que celebramos con sobriedade, o doceavo aniversario da vitoria en 2009 nas eleccións autonómicas baixo o liderado de Alberto Núñez Feijoo, recuperando así a Xunta de Galicia, despois de que o presidente Fraga cedésea en 2005 ao bipartito PSOE-BNG.
Tanto os asistentes presenciais como os que o fixemos pola rede, recibimos a Feijóo cun sentido e cariñoso aplauso, expresivo do recoñecemento ao extraordinario traballo e liderado realizado.
Feijóo publicou un Twitt para lembrar a efeméride e aludiu a dous fitos neste período de tempo. “No persoal ser pai. No profesional, a maior honra da miña vida foi (e é) servir a Galicia”. “Un non elixe os tempos nos que lle toca vivir, pero si a forma na que encara os desafíos que ten ante si. E eu afronto a miña responsabilidade inmensamente agradecido polo apoio recibido aquel día e sempre”.