jueves, 18 de marzo de 2021

Vendo en Sanabria o novo tren de moi alta velocidade Talgo Avril

Regreso esta tarde no tren Alvia, procedente de Madrid e con destino a Ourense.

Ao chegar á nova estación de Otero de  Sanabria, observo na vía esquerda o flamante novo tren de moi alta Velocidade de Talgo Avril.


Durante o día está parado nesta estación e en horario nocturno realiza as  probas na liña de Zamora a Ourense, en orde á súa homologación e posta en servizo por parte de Renfe.


Os ensaios están destinados a comprobar o comportamento de todos os elementos do tren, en especial o sistema de rodadura, en condicións de operación progresivamente máis complexas e ata chegar á velocidade necesaria para homologalo tecnicamente por encima de 360 quilómetros hora. Os coches levan lastre para imitar no posible o peso dos viaxeiros en condicións de operación normais.


O tren  Avril de 200 metros de lonxitude, leva unha composición de doce coches de viaxeiros que teñen o piso á mesma altura que a plataforma de tal forma que unha persoa en cadeira de rodas pode montar se axuda no convoi. 

Trátase dun tren de gran capacidade, con 521 asentos, dos cales 416 dispoñeranse en clase turista que leva tres asentos ao carón e dous a outro e 105 en preferente, cunha composición como a actual, de dúas e dúas.


Talgo eleva mesmo a 581 as prazas máximas que pode levar este tren. Todos os asentos son  orientables no sentido da marcha e dispoñen de pantallas leds accesibles. O tren ten gran espazo para equipaxes de ata 206 litros por praza, con posibilidade de colocar maletas debaixo dos asentos


Renfe adquiriu 30 unidades cun custo total de 1.495 millóns de euros, que inclúen tamén o mantemento durante 30 anos. 


Dos 30 trens, a metade están dotadas dun sistema de cambio automático de cambio de vía, polo que poderían circular na liña, por exemplo de Madrid-Zamora-Galicia a 330 quilómetros hora en lugar dos 250 quilómetros hora actuais.


O feito de que sexan trens capaces de circular por vía de ancho internacional e ibérico faios ideais para trazados como o de Madrid Galicia, xa que a alta velocidade ata Ourense será en ancho internacional e a partir de aí en ancho ibérico.

O pasado 3 de febreiro, na súa web informaba Talgo que a primeira unidade do tren de moi alta velocidade Talgo Avril comezara os seus primeiros ensaios en vía, un paso decisivo na validación técnica, previa posta en servizo por parte de Renfe.

Dicía que “esta é a fase final no proceso de fabricación de 30 unidades do Talgo Avril con capacidade de ata 581 prazas.”

E engadía que os ensaios están destinados a comprobar o comportamento dinámico de todos os elementos do tren e en particular dos sistemas de rodadura, en condicións de operación progresivamente máis complexas e ata chegar á velocidade necesaria para homologalo tecnicamente a máis de 360 km/ h. A súa velocidade máxima en operación comercial será de 330 km/ h.
Está previsto que as probas de homologación realícense durante varias semanas na liña de alta velocidade Madrid-Galicia, aínda que poderían estenderse posteriormente a outros lugares da rede ferroviaria en España”