A
conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do
secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e do director xeral de
Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo hoxe un encontro con representantes das
catro federacións maioritarias de transporte de pasaxeiros: Fegabus,
Transgacar, Fegatravi e Anetra.
Na
xuntanza, a conselleira deu conta de que a Xunta prevé facer efectiva a finais
deste mes esta nova iniciativa de apoio ao sector do transporte público, ao
constatar que as concesións rexistraron, de media, unha caída da demanda que
supera o 60%.
Esta
medida súmase ás postas en marcha o pasado ano, en que o Goberno galego
anticipou 28 millóns de euros ás empresas concesionarias para garantirlles
liquidez mentres non se materializaba o fondo de compensación anunciado polo
Executivo central.
Na
reunión, Ethel Vázquez informou aos transportistas de que nos recentes
encontros mantidos co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a
Xunta reclamou que o fondo de compensación estatal ao transporte público tivese
continuidade neste ano 2021, pois tamén se están a rexistrar datos de demanda
moi preocupantes.
A Xunta prevé compensar con 2,5 millóns de euros ás
concesionarias do transporte público de viaxeiros por estrada pola forte perda
de pasaxeiros rexistrada no primeiro trimestre do ano, a consecuencia da
pandemia da covid-19 e as diferentes medidas de restrición da mobilidade
implantadas.
A
conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do secretario
xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e do director xeral de Mobilidade,
Ignacio Maestro, mantivo hoxe un encontro con representantes das catro
federacións maioritarias de transporte de pasaxeiros: Fegabus, Transgacar,
Fegatravi e Anetra.
Na
xuntanza, a conselleira deu conta de que a Xunta prevé facer efectiva a finais
deste mes esta nova iniciativa de apoio ao sector do transporte público, ao
constatar que as concesións rexistraron, de media, unha caída da demanda que
supera o 60%.
Esta
medida súmase ás postas en marcha o pasado ano, en que o Goberno galego
anticipou 28 millóns de euros ás empresas concesionarias para garantirlles
liquidez mentres non se materializaba o fondo de compensación anunciado polo
Executivo central.
Na
reunión de, Ethel Vázquez informou aos transportistas de que nos recentes