Informaba onte o Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones sobre o número de afiliados á Seguridade Social. Estos son os datos referidos a:
Galicia:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado marzo en 998.733 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 4.704 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,47 %).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un descenso de 3.890 ocupados (- 0,39 %).
A
afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 770.785 afiliados
medios, o Réxime de Autónomos con 207.795 afiliados medios, e o Réxime do Mar
finalizou con 20.154 afiliados medios.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade
Social situouse o pasado marzo en 100.516 ocupados, cifra
que supuxo un aumento de 426 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,43 %).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou
nesta provincia un descenso de 834 ocupados (-0,82 %).
A afiliación ao Réxime Xeral
terminou marzo con 77.240 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.276
afiliados medios.