No primeiro trimestre de 2021 a
poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.341.300 persoas, das cales
1.218.100 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 52%.
Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en
5.400 persoas, mentres que a taxa de actividade diminúe 0,3 puntos respecto ao
cuarto trimestre de 2020.
Con respecto ao mesmo trimestre de 2020, o número de persoas activas diminúe en 21.700 persoas e a taxa de actividade diminúe 1 punto.
A ocupación diminúe en 21.300 persoas (-1,96 %) no primeiro trimestre de 2021 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.059.800 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe 0,9 puntos neste trimestre, ata o 45,3%.
Nos últimos doce meses o número
de ocupados e de ocupadas diminuíu en 23.200 persoas, o que supón unha caída do
2,15% en termos relativos.
Por sexo, neste trimestre
diminuíu tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados
varóns diminuíu en 13.300 persoas respecto ao cuarto trimestre do ano 2020 e a
ocupación das mulleres diminuíu en 7.900 persoas. En termos de taxas, isto
tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de 1,3 puntos e de 0,6
puntos no caso da feminina.
Con respecto ao primeiro
trimestre do ano 2020, o número de homes ocupados diminúe en 16.700 persoas (un
-2,9%), mentres que o de mulleres ocupadas diminúe nun 1,3%.
Atendendo aos sectores de actividade
económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre
diminúe en todos os sectores. Na industria a ocupación diminúe en 5.800 persoas
no primeiro trimestre do ano respecto ao anterior; o sector servizos rexistra
un descenso de 5.600 traballadores e traballadoras; na construción, a
diminución cífrase en 5.300 persoas e na agricultura e pesca prodúcese unha
caída na ocupación de 4.400 persoas.
Con respecto ao mesmo trimestre
de 2020, a ocupación diminúe na industria, na construción e no sector primario
(-11,7% no primeiro caso, -8,1% no segundo e 2,5% no terceiro), mentres que
aumenta un 0,9% no sector servizos.
No primeiro trimestre de 2021 en
Galicia había 158.300 persoas en paro, 15.700 máis que no trimestre anterior (11,01 %). A
taxa de paro aumenta 1,3 puntos e sitúase no 13%.
Con respecto ao primeiro
trimestre do ano 2020, o número de parados e paradas aumenta en 1.500 persoas
(un 0,97 %) e a taxa de paro aumenta 0,4 puntos en termos interanuais.
Por sexo, con respecto ao
trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número
total de homes parados sitúase en 74.700 persoas (9.300 máis que hai tres
meses) e o de mulleres é de 83.600 persoas (6.300 mulleres máis en paro). A
taxa de paro masculina aumenta en 1,5 puntos porcentuais e a feminina en 1,1
puntos, situándose a primeira no 11,8% e a segunda no 14,3%.
No tocante á variación
interanual, o número de parados entre o sexo masculino aumenta en 2.800 persoas
(un 3,9% máis), mentres que o volume de paradas diminúe en 1.300 persoas (un
1,5% menos que hai un ano).
Ourense
A 31 de marzo en Ourense había 15.000 persoas paradas. 2.000 máis que a 31 de decembro del 2020.
En relación ao primeiro trimestre do ano pasado, a provincia ten agora 1.900 desempregados menos.
Como consecuencia de estos datos, a tasa de paro medra ao 11,6%, fronte ao 10,3% del 31 de decembro, pero mellora o 13,1% do 31 de marzo de 2020.