En Lugo, no ano 2013 co profesor Carro Otero |
Pero ademais
era un gran ilustrado galego, coñecedor da nosa historia e cultura, do patrimonio natural e
artístico,
especialmente da Catedral de Santiago.
Foi un excelente
orador, prolífico conferenciante e estaba dotado dunha gran bonhomía.
Tiven ocasión de coñecerlle, de escoitarlle moitas veces e mesmo de compartir con él, o 4 de outubro de 2013 en Lugo, a participación nunha Xornada organizada pola Asociación de Balnearios de Galicia baixo o lema "Balnearios: Turismo sénior e envellecemento activo".
Nesta xornada o doutor José Carro Otero, impresionounos coa súa brillante oratoria, loubou as bondades da cura balnearia e fixo a laudatio do Imserso, que neste acto era distinguido coa Medalla de Balnearios de Galicia polo seu Programa de Termalismo Social, que cumpría 25 anos.
Defendeu aquelo de máis balneario e menos hospital, con base nas propiedades terapéuticas das augas mineiro-medicinais para procesos crónicos nos ámbitos reumatolóxico e respiratorio, especialmente. Pero non só pola bondade das augas, senón tamén polos aspectos psicosociais que rodean unha estancia e cura termal.
Sinto
moito o seu falecemento, e transmito o pésame á súa familia e amigos. Descanse en paz.