Informou hoxe a Xunta de Galicia que vacinou durante esta fin de semana contra a covid-19, a un total de 32.560 persoas pertencentes aos grupos poboacionais de entre 60-65 anos e 70-79 anos.
Así, das máis de 42.000 persoas chamadas a vacinarse en grandes recintos, durante as xornadas do sábado e do domingo, o 75% acudiu a vacinarse contra o coronavirus.
Unha desas persoas fun eu, no recinto de Expourense, despois de recibir a pertinente cita.
Hoxe acompaño a un familiar de 92 anos a recibir no Centro de
Saúde a segunda dose da vacina.
Aproveito para felicitar ao SERGAS pola perfecta organización e loxística no desenvolvemento do Plan galego de
vacinación.