O 16 de outubro de 2018, os deputados galegos do PP formulamos esta pregunta escrita ao Goberno.
“No mes de novembro de 2016 o Ministerio de Fomento, informou sobre a adxudicación a Talgo da fabricación de 15 trens Avril e o seu mantemento durante 30 anos por un total de 768,5 millóns de euros. A resolución do concurso contempla, ademais, a opción da fabricación doutros 15 trens AVE adicionais e a prolongación do período de mantemento durante outros 10 anos máis. ¿En que estado atópase a execución deste contrato e cando se entregasen as primeiras unidades?”
O 30 de novembro de 2018, respondeu o Goberno: “En relación co asunto interesado, sinálase que o proxecto está en fase de construción e a entrega dos primeiros vehículos prevese en xuño de 2020”
O 12 de decembro de 2019 os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado e Ana Vázquez formularon esta pregunta:
¿Cales son as datas previstas de entrega por Talgo a RENFE dos futuros trens AVRIL e para a súa entrada en servizo na liña Madrid-Galicia, que é tan necesaria para mellorar os tempos de viaxe?
Con data 3 de febreiro de 2020 o Goberno respondeu:
“En relación coas preguntas de referencia, infórmase que a recepción dos primeiros trens da serie 106 de Talgo está prevista a principios do ano 2021. Hai que indicar que a adscrición do material a unha relación ou outra se realiza cos mesmos criterios para toda a frota de Renfe nos Servizos de Viaxeiros, que son os seguintes:
- Comerciais: características do produto que se desexa ofrecer, dimensionamiento da oferta con respecto á demanda, igualdade de condicións dentro de una mesma relación, etc….
- Técnicos: infraestrutura pola que poden circular, localización e distancia ás bases de mantemento, etc….
- De eficiencia ambiental e económica: con procura da distribución máis eficiente en canto a recursos e custo.
Por tanto, hai que sinalar que a asignación de vehículos a unha relación será a que se determine como óptima en cada momento, en atención aos requisitos habituais de calidade do servizo.
A estratexia de Renfe é adaptarse á demanda dos seus clientes en todo momento, con criterios de eficiencia e sustentabilidade – tanto de medios humanos como materiais – en todas as súas liñas. Neste sentido a entrada da Alta Velocidade a Pedralba de la Pradería (Zamora) conlevará unha revisión da oferta entre Galicia e Madrid”
O 23 de febreiro de 2021 os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado e Ana Vázquez formularon esta pregunta:
"¿En que data do primeiro semestre de 2021 estima RENFE que recibirá os primeiros trens da serie 106 de Talgo?”
O 5 de abril de 2021, o Goberno respondeu: “En relación co asunto interesado, sinálase que tal e como xa se informou anteriormente, a declaración do estado de alarma obrigou ao provedor para atrasar os prazos de entrega dos trens S/106, aínda que a súa entrega segue estando prevista en 2021.
Como teño escrito noutra entrada deste Blog, o pasado 3 de febreiro, informaba Talgo na súa web que "a primeira unidade do tren de moi alta velocidade Talgo Avril comezara os seus primeiros ensaios en vía, un paso decisivo na validación técnica, previa posta en servizo por parte de Renfe".
Dicía entón que “esta é a fase final no proceso de fabricación de 30 unidades do Talgo Avril con capacidade de ata 581 prazas."
E engadía que “os ensaios están destinados a comprobar o comportamento dinámico de todos os elementos do tren e en particular dos sistemas de rodadura, en condicións de operación progresivamente máis complexas e ata chegar á velocidade necesaria para homologalo técnicamente a máis de 360 km/ h. A súa velocidade máxima en operación comercial será de 330 km/ h.
Está previsto que as probas de homologación realícense durante varias semanas na liña de alta velocidade Madrid-Galicia, aínda que poderían estenderse posteriormente a outros lugares da rede ferroviaria en España”
Agardemos que todo saía ben e que teñamos trenes Avril operando na LAV Madrid-Galicia este mesmo ano.