O 27 de setembro de 2018, ADIF-AV aprobou
licitar o contrato de construcción da nova estación de alta Velocidade de A Gudiña e que levará o
nome de “Porta de Galicia”,
dentro da nosa liña de alta velocidade Madrid-Galicia.
O presuposto de licitación foi de
4.093.314 euros (IVA engadido), e o prazo inicial era de oito meses.
A formalización da adxudicación á "UTE
ESTACIÓN PUERTA DE GALICIA "tivo lugar o 2 de abril de 2019. O importe
contratado foi de 3.227.987,45 euros (IVA
engadido).
Pois ben agora, con data 5 de abril de
2021 a Plataforma de Contratación do Estado publica un anuncio de modificación
do citado contrato por importe de 642.334,59 € (IVA engadido), e unha
modificación do prazo de 4 meses, o que implica finalmente terá unha duración
de 27 meses.
Se rematara no 2 de xullo de 2021, a obra acabaría tendo unha demora sobre o previsto de nada menos que 19 meses.