martes, 6 de abril de 2021

En marzo, Galicia foi a segunda Comunidade con maior descenso do paro rexistrado

 

Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de 2021.

Son os seguintes:

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en marzo en 4.509 persoas con respecto a febreiro, un -2,43 %. Este descenso é maior que o descenso rexistrado no Estado (-1,48%), case un punto de diferencia (0,95%). A nosa Comunidade é a segunda na que máis cae o paro.

O desemprego cae nas catro provincias; nas 7 grandes cidades; en todos os sectores de actividade; e en todos os tramos de idade.  

O número de parados queda en 180.719.  Por sectores, 6.384 son da agricultura, 19.975 da industria, 13.345 da construción, 127.405 dos servizos e 13.610 do colectivo sen emprego anterior.  

A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 6.238 persoas incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón un crecemento do desemprego do 3,58 %. Salientar que á media de crecemento do paro no Estado foi do 11,31 %. 

 Ourense:

Baixa  o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 231 persoas, un – 1,13 %.

O número de parados queda en 20.265 deles 8.712 son homes e 11.553 mulleres, 19.231 son maiores de 25 anos e 1.034 menores.

Por sectores, 1.023 son da agricultura, 2.269 da industria, 1.479 da construción, 13.697 dos servizos e 1.797 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 943 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un aumento do desemprego do 4,88 %.