Onte estiven na península de Monterreal, visitando o magnífico Parador de Baiona a Real, e facendo estas fotos.
A fortaleza, as súas murallas para pasear, os seus xardíns, a súa capela, pero sobre todo as súas vistas á baía e ás Illas Cíes no océano Atlántico fan indispensable que sexan visitados por todos aqueles que aínda non tiveron a sorte de coñecelo.