A primeira hora de onte achegueime ata estacion que será de alta velocidade de Ourense e puiden ver cómo están moi avanzandas as obras do aparcadoiro situado baixo a actual praza da estación, e que terá unha superficie total de 8.645 metros cadrados distribuídos en dous andares en que se repartirán as 302 prazas e xunto á nova estación de autobuses, garantindo o efectivo intercambio modal para os usuarios.
Este aparcadoiro subterráneo dará servizo ao complexo intermodal pero tamén ao barrio da Ponte, onde abundan os edificios sen garaxe e falta un espazo de estacionamento de estas características e capacidade.
Estas fotos que fixen acreditan o que afirmo.