Coñecemos onte os datos de afiliación
media á Seguridade Social no mes de abril facilitados polo Goberno.
Galicia:
En
términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un aumento de 27.223 ocupados (2,79 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou abril con 773.874 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con
208.245 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 19.875 afiliados
medios.
Ourense:
O
número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado abril
en 100.684 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 178
persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,18 %).
En términos anuais, a afiliación no total
do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 1.705 ocupados (1,72
%).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou abril con 77.438 afiliados medios e o
Réxime de Autónomos con 23.256 afiliados medios.