Facendo deporte esta fin de semana, detívenme diante dunha parcela cedida polo Concello de Ourense á Xunta de Galicia e situada na rúa Cesáreo González, en Barrocas.
Alí a UTE "Construcións Alea - Proforma Execución de Obras e Restauracións" está a construír o novo Centro de Atención para Persoas con Discapacidade, como consecuencia dunha adxudicación por importe de 7.659.080,66 €. (IVE incluído)
Este Centro promovido pola Consellería de Política social ofertará un total de 110 prazas para persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial.
Previsión ao remate das obras |