miércoles, 5 de mayo de 2021

Galicia en abril crea emprego e lidera a caída do paro a nivel anual e mensual


O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de abril de 2021.

Son os seguintes:

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en abril en 9.941 persoas con respecto a marzo, un -5,50 %. Este descenso é maior que o descenso rexistrado no Estado (-0,99 %), nada menos que 4,51 puntos. A nosa Comunidade é a primeira entre as que máis cae o paro.

O desemprego cae nas catro provincias; nas 7 grandes cidades; en todos os sectores de actividade; e nos principais colectivos prioritarios. 

O número de parados queda en 170.778.  Por sectores, 5.916 son da agricultura, 19.520 da industria, 12.574 da construción, 120.566 dos servizos e 12.202 do colectivo sen emprego anterior.  

A nivel interanual, isto é, con respecto abril do ano pasado, 20.851 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do 10,88 % (o segundo maior da toda a serie histórica. 

No Estado o paro medrou nun 2,07 %. Somos a CCAA con maior baixada do paro tanto en termos absolutos como relativos.  Galicia segue a niveis de paro inferiores ao reflectido en abril de 2009, isto é, ao rexistrado hai 12 anos

 Ourense:

Baixa  o paro rexistrado en abril en relación co mes anterior en 1.144 persoas, un – 5,65 %.

O número de parados queda en 19.121 deles 8.097 son homes e 11.024 mulleres, 18.238 son maiores de 25 anos e 883 menores.

Por sectores, 955 son da agricultura, 2.127 da industria, 1.392 da construción, 13.070 dos servizos e 1.577 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a abril do ano pasado, 1.568 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do 7,58 %.