Publica hoxe o BOE o anuncio de licitación de: ADIF Alta Velocidade que ten por obxecto o ”contrato de consultoría e asistencia para o control e vixilancia das obras da subestación eléctrica de tracción de As Portas e da Liña eléctrica de alta tensión desde a su estación eléctrica de Conso de REE ata a subestación eléctrica de tracción das Portas de Adif-AV”.
Ten un valor estimado de 772.506,48 euros. A duración do contrato é de 20 meses.
Unha boa noticia este anuncio, pero sorpréndenos moito que non foi licitado aínda o contrato das obras da citada subestación eléctrica.
Esperemos ter noticias nos próximos días, xa que ambos os contratos están claramente vinculados.