http://www.celsodelgado.gal/2020/01/este-pasado-luns-27-de-xaneiro-de-2020.html
Pois ben, no
labor de control parlamentario, o pasado 29 de abril
formulaba esta pregunta ao Goberno.
“O contrato para
a construción da base de montaxe e mantemento de Vilavella na Mezquita, cuxo orzamento de
licitación era de 9.083.222 euros foi adxudicado por ADIF-AV/AV o 28 de febreiro de 2019 á UTE formada por
Ortiz Construcións e Proxectos e Cosfesa
por 6.945.031,56 euros.
A UTE
adxudicataria dispoñía de 11 meses para a execución destas obras situadas no
subtramo Túnel da Canda-Vilavella, na marxe esquerda da LAV Madrid-Galicia, entre os puntos
quilométricos 112/100 e 113/500.
Unhas obras
vinculadas ao desenvolvemento da montaxe da vía, e outras referidas ás
instalacións fixas que quedarían como base de mantemento deste tramo desta LAV.
¿Cal é a data de
resposta o grao de execución do contrato adxudicado en febreiro de 2019 por
ADIF-AV/AV para a construción da base de montaxe e mantemento de Vilavella na Mezquita na LAV Madrid-Galicia?"
Con data 4 de
xuño, o Goberno respondía:
“O uso da base de montaxe de vía da Mezquita viuse modificado, estando previsto actualmente o uso destas instalacións como base de mantemento, pero non de montaxe de vía. A base de montaxe de vía trasladouse a La Hiniesta.
O nivel de execución actual é
de aproximadamente un 30%. Este feito non afecta as previsións sobre
finalización de obra e posta en servizo da
LAV xa que, como se dixo, a montaxe de vía realizarase desde La
Hiniesta, permitindo o cumprimento da planificación prevista."