Así, insistiu en que o Executivo de Sánchez, mediante o proxecto de Lei de medidas de prevención contra a fraude fiscal, volve ir contra o noso autogoberno, o que non só supón máis presión fiscal para os galegos senón tamén un ataque directo ao Estatuto de Autonomía e ao Dereito Civil de Galicia.
“As herdanzas en vida non son un truco de defraudadores, son unha institución tradicional do Dereito galego que se utiliza máis que nunca en momentos de necesidade. Un recurso das familias, especialmente as máis humildes, para axudar aos fillos cando máis o necesitan”, dixo lamentando que o Goberno socialista sexa impermeable á realidade porque a súa única prioridade é recadar.
“É o mundo ao revés dos socialistas. Os independentistas presos, xulgados e condenados por un tribunal son inocentes e serán postos en liberdade polo Goberno, pero os cidadáns responsables que pagan os seus impostos son culpables de fraude é serán castigados preventivamente por este mesmo Executivo”, manifestou cualificando a situación como inaudita.
De feito, resaltou que o PPdeG esixe que se paralice inmediatamente esta reforma, engadindo que non é suficiente coa “auto-emenda a medias” que os socialistas presentaron no Senado: “A Lei non se cumpre a medias. Ou se cumpre ou non se cumpre”.
OS APLAUSOS E O SILENCIO DA OPOSICIÓN
Ademais, Tellado tamén afeou a resposta dos partidos da oposición, co PSdeG de Gonzalo Caballero que, despois de defender os peores orzamentos para Galicia dos últimos 15 anos, os repartos inxustos, o impagoda débeda, os retraso da AP-9 e o bloqueo da Lei de Saúde, agora aplaude este novo atentado contra os intereses de todos os galegos.
Igualmente, cuestionou a postura do BNG de Ana Pontón, que esta fin de semana paseou por Galicia co seu “novo asesor áulico e modelo a imitar”, Gabriel Rufián, o mesmo que “pasou de pedir a independencia para Galicia o domingo a chegar o martes a Madrid e votar en contra do noso autogoberno e autonomía fiscal”. “Con este nivel de cinismo e hipocrisía entendemos que se leve tan ben con Pontón”, incidiu.
Logo que asegurar que o Bloque é máis sectario que nacionalista, ironizou con que para o BNG “é máis importante sacar a foto co primo de Zumosol do independentismo catalán que esixirlle que respecte a autonomía fiscal de Galicia”. “Este é o BNG de Ana Pontón, que se inspira en Cataluña e se axeonlla ante Madrid. Cortesán de Pedro Sánchez e lacaio de OriolJunqueras”, apuntou.
O secretario xeral fixo fincapé no voto a favor desta reforma por parte de ERC, despois de anunciar o seu voto en contra e tratándose dun asunto que tamén afecta negativamente a Cataluña, e preguntouse se estamos ante un novo trato oculto entre PSOE e ERC. “Vimos de descubrir que os indultos foron o prezo para chegar á Moncloa. Tarde o cedo descubriremos o prezo destes novos apoios que nos van saír moi caros a todos os galegos”, precisou.
XESTIONAR A AP-9 DE FORMA EFICIENTE
Durante unha rolda de prensa na que estivo acompañado pola senadora Elena Muñoz e onde puxo en valor o traballo dos populares galegos nas Cortes Xerais, Tellado tamén se referiu ao traspaso da AP-9 a Galicia que,tras 15 prórrogas, avanza grazas ao esforzo dos deputados do PPdeG, que fixeron posible que se volvera poñer en marcha a tramitación fronte ao bloqueo socialista.
Ademais, os representantes do PPdeG en Madrid presentaron esta mesma semana unha batería de emendas para que a transferencia se faga con todas as garantías, xa que de pouco serve o traspaso da autoestrada se non vénacompañado dos recursos para poder dar un mellor servizo aos galegos - tanto as partidas orzamentarias para manter as rebaixas das peaxes como os fondos para finalizar as obras comprometidas-.
“Non ten sentido aceptar unha competencia se os galegos van a ter que pagar dobremente por ela. Esperamos que se cumpran estas condicións e que moi pronto esteamos xestionando a AP-9 desde Galicia dun xeito mais eficiente e próximo ao territorio”, concluíu.