Alí, sinalou que o seu partido non vive do pasado, senón da xestión do presente e da construción de proxectos de futuro para cada territorio, aseverando que entre o máis importante que queda por construír está o sistema de servizos públicos para atender á nosa sociedade, xa que son sempre unha obra inacabada.
Sobre isto, puxo en valor os importantes recursos postos en marcha para paliar os efectos da pandemia, como os anticipos dos cartos ás persoas que aínda non cobraran os ERTE, aaprobación da maior orde de axudas da nosa historia para entidades de inclusión social ou a posta en funcionamento da Tarxeta Básica.
Así mesmo, explicou que os populares sempre trasladan a súa acción política ao fomento dunha sociedade cohesionada, co obxectivo de que ningún galego se sinta esquecido polos demais. Este é o cerne dunha política social que mereza ese nome: acompañar ao que sofre, para que deixe de facelo; e axudar a quen o necesita, dando as ferramentas para que esa axuda deixe de ser necesaria.
De feito, incidiu en que un dos grandes proxectos de futuro é a Estratexia contra a soidade non desexada e lembrou que contamos cunha rede magnífica de servizos postais, pequeno comercio e entidades sociais que chega a cada recuncho de Galicia, podendo ser útiles a moitas persoas etamén para que a Administración poida chegar a todas elas. “Trátase de aproveitar a nosa idea de Comunidade e poñela ao servizo da nosa política social”, engadiu.
Ademais, recalcou que apoiar aos que sofren as consecuencias económicas da pandemia tamén é darlle ferramentas útiles para saír desa situación.Por iso, seguirán apostando por un sistema de axudas que favorezan a inserción laboral, traballando para que a Risga sexa un apoio nun momento de dificultade e defendendo xestionar o Ingreso Mínimo Vital desde Galicia, para resolver as deficiencias que o Goberno non solucionou.
APOIO A TODAS AS FAMILIAS
Consciente de que o Reto Demográfico é un dos maiores desafíos, manifestou que seguirán ao carón de aqueles que queiran ser pais con máis medidas de apoio á natalidade, como a ampliación da Tarxeta Benvida; con máis conciliación, mellorando recursos xa existentes como as escolas infantís, as ludotecas ou as Casas Niño; ou co compromiso adquirido de ampliar a gratuidade das Escolas Infantís de 0 a 3 anos para todos os nenos -non só para os segundos fillos e sucesivos, como ata agora-, unha medida para cuxo financiamento se pedirá a implicación do Executivo central.
Segundo subliñou, todo isto tamén implica, en moitas ocasións, axudar ao coidado dos nosos maiores. Nese senso, destacou medidas como onovo modelo de residencias no que están a traballar e que rexerá a atención do futuro; oreforzo do Sistema de Axuda no Fogar, que foi clave nestes meses; ou as Casas do Maior, que se multiplicarán por catro neste 2021 e coas que se pretende chegar a todas as parroquias as necesiten.
De igual modo, precisou que seguirán mellorando o sistema de Atención á Dependencia porque,para os populares, non é suficiente con ter multiplicado por máis de catro os beneficiarios desde 2009 nin con que Galicia faga o esforzo de sufragar o 76% do custe do sistema -debería ser a medias co Goberno central-. Neste sentido, remarcou que seguirán traballando para axilizar as valoracións, para simplificar os trámites administrativos e para continuar esixindo un reparto xusto do financiamento do sistema.
UN PARTIDO QUE PENSA EN GALICIA
Tras resaltar que as súas son propostas reais“para unha Galicia real”, o candidato insistiu en que a razón de ser do PPdeG é a de defender os intereses do galegos, resolver os seus problemase deseñar a Comunidade do futuro.
Pola contra, admitiu que isto non o poden dicir osque pensan na nosa Autonomía baixo a bandeira do nacionalismo, querendo copiar o modelo dos independentistas vascos e cataláns. Feijóo recoñeceu que isto pode beneficiar a uns cantos políticos que levan anos vivindo comodamente nun escano do Parlamento, pero que non interesa nada aos galegos de a pé.
Do mesmo xeito, asegurou que tampouco pensan na Comunidade aqueles cuxo único proxecto é dar por bo o que di Pedro Sánchez e os seus ministros. Ante isto, lamentou que o PSdeGaplauda cando o presidente do Goberno discrimina a Galicia en todos e cada un dos repartos de fondos dos últimos meses; candoataca a nosa industria forestal, naval, marítima, ou do automóbil; cando ten paradas infraestruturas e competencias clave para a nosa terra; e cando di que a nosa Lei de Pandemia non é válida e que hai que suspendela, malia que os socialistas das Illas Baleares cópiana e aplícana.