sábado, 12 de junio de 2021

Celso Delgado denuncia que, pese ás reiteradas protestas, persiste o inxustificado bloqueo de PSOE e Podemos-Galicia en Común á tramitación da Proposición de Lei de transferencia da AP-9


Difunde hice o PP de G esta nota de prensa que di: “O deputado ourensán do Grupo Parlamentario Popular, Celso Delgado, denuncia que persiste o enorme abuso que está a cometer PSOE e Podemos-Galicia en Común na Mesa do Congreso ao paralizar a tramitación parlamentaria da Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia, unha vía estratéxica na Comunidade que vertebra o 60% da poboación. 

Segundo aseverou, esta transferencia permitiría unha xestión máis pegada ao territorio, velar con máis eficacia pola calidade do servizo e ofrecer unha resposta áxil e directa ás necesidades dos usuarios. 

 

Máis polo miúdo, explicou que o martes 8 de xuño a Mesa do Congreso,presidida por  Meritxel  Batet e “na que ten absoluto control o PSOE de Pedro Sánchez e Podemos-Galicia en Común da vicepresidente Yolanda Díaz”,acordaron unha nova prórroga a pesar da oposición dos dous representantes popularesque fai xa a número quince. “Isto ocorre a pesar das denuncias públicas que fixemos o pasado sete e vinte e un de maio e que recolleron os medios de comunicación”, engadiu Delgado.

 

O deputado lembrou que o pasado 2 de febreiro tivo lugar no Pleno da Cámara Baixa o debate de toma en consideración da Proposición de Lei e o día 12, tras superar o trámite anterior, acordouse encomendar o Ditame sobre a mesma á Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, así como dispoñer a súa tramitación polo procedemento de urxencia e abrir un primeiro prazo de oito días hábiles -que expiraba o 24 daquel mes- para que os deputados e os grupos parlamentarios puidesen presentar emendas ao articulado.

 

Con todo, como remarcou Delgado, desde aquela data a Mesa do Congreso xa acordou quince prórrogas, das que trece foron aprobadas coa oposición rotunda dos dous deputados do PP que a integran -Ana Pastor e Adolfo Suárez- e que insistiron en cada reunión que o prazo debería concluír.

 

“É inxustificable que unha iniciativa cuxa toma en consideración foi aprobada por unha ampla maioría de 287 deputados e cuxa tramitación se dispuxo que fose polo procedemento de urxencia se atope deliberadamente bloqueada polos partidos que teñen o control da Mesa, o PSOE de Pedro Sánchez e Podemos-Galicia en Común da vicepresidente Yolanda Díaz”, incidiu.

 

“Temémonos que estas forzas políticas que integran o Executivo central pretendan, con estas inexplicables prórrogas de prazos, que esta Proposición de Lei non chegue a tramitarse, que non poida mellorarse con emendas e finalmente a aprobarse, algo que desde o Grupo Parlamentario Popular non imos consentir”, declarou.

 

PREZOS DAS PEAXES


Ademais, o deputado recordou que o Goberno de España anunciou no mes de outubro de 2020 unha serie de bonificacións na AP-9 que, estando en xuño de 2021, aínda non teñen data prevista de implantación.

 

“Estamos preocupados porque o Ministerio de Transportes xa avanzou que probablemente incumprirá o seu propio compromiso de implantar esas bonificacións en xullo, o que é unha mostra preocupante da falta de rigor coa que o Goberno de España está a abordar este asunto prioritario para os galegos. Mentres iso non suceda, os galegos seguirán a sufrir o agravio de circular cunha das autoestradas coas tarifas máis caras de España”, manifestou.

 

Delgado afirmou que desde o Congreso manterán una postura de exixencia para que se cumpra o compromiso asumido polo MITMA e defendendo a posición da Xunta en canto a esta autoestrada, que presentou ao Ministerio unha proposta para a rebaixa de peaxes.”