Publica hoxe a plataforma de contratación do sector público o anuncio de licitación por parte de Adif Alta Velocidade dun contrato que ten por obxecto a execución das obras do proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción de As Portas e da liña eléctrica de alta tensión desde a subestación eléctrica de Conso de REE ata a subestación eléctrica de tracción de As Portas de Adif-Alta Velocidade.
O Valor estimado do contrato é 10.983.641,49 € e o prazo de execución é de 18 meses
Celebro que chegara esta licitación tan importante
para que a LAV a Galicia funcione a pleno rendemento e permita a circulación
simultánea de varios trenes.
Mentres, a solución provisional é que a catenaria
reciba a enerxía desde as subestacións de Arbillera e de Amoeiro, pero iso ten
limitacións á circulación.