As demandas formuladas polos representantes populares no Congreso teñen o seu punto de partida na resposta que o Goberno ofreceu ás preguntas formuladas sobre os medios materiais dos que dispón na actualidade a Comandancia da Garda Civil de Ourense.
Logo de analizar os datos achegados por Interior “observamos o preocupante estado do parque móbil da Garda Civil na provincia de Ourense, con máis de 64 unidades que teñen unha antigüidade superior a 15 anos ou máis de 300.000 km., cun déficit de reposición de polo menos 32 vehículos”, denunciou Ana Vázquez.
Unha situación, engadiu, “aínda peor no tocante á protección individual dos axentes, xa que só o 45 % dos efectivos dispoñen de chalecos”. Así, dos 890 axentes destinados na provincia só 405 contan con eles, “cando por obvias razóns de hixiene e sobre todo polo covid-19 o esixible sería chalecos de uso individual e non compartidos como sucede”.
Despois de 177 anos traballando pola liberdade e seguridade dos cidadáns, “a Garda Civil é o corpo de seguridade mellor valorado pola sociedade e referencia a nivel internacional”, declarou a deputada, subliñando que nun territorio rural e cunha forte dispersión da poboación como é o caso da provincia de Ourense é fundamental a súa presenza cos medios materiais más axeitados.
RESPOSTAS DO MINISTERIO DO INTERIOR
As preguntas do deputados do PP e as respostas do Goberno foron as seguintes:
Sobre os vehículos
· ¿Cal é a antigüidade media dos vehículos que utilizan
habitualmente os efectivos da Garda Civil da Comandancia de Ourense?
Resposta
(do 9 de xuño): “A 31 de decembro de 2020, a antigüidade media (en anos) dos
vehículos da Comandancia interesada pertencentes ao Servizo de Material Móbil
(SMM) era de 11,5 e da Agrupación de Tráfico da Garda Civil era de 8,22”.
Na resposta do Ministerio de interior infórmase tamén que “se está procedendo á renovación e adquisición de diferentes tipos de vehículos, priorizando os máis antigos e con máis quilómetros, e para o ano 2021 está previsto tramitar diferentes expedientes administrativos para a adquisición de 1.100 vehículos por un importe de 30.444.164,30 euros”.
· ¿Cantos vehículos adquiriu e cuantos substituíu desde 2015 ata a actualidade, desagregado por anualidades na Comandancia da Garda Civil de Ourense?
ANO |
BAIXAS |
ALTAS |
2015 |
15 |
18 |
2016 |
16 |
21 |
2017 |
10 |
23 |
2018 |
25 |
10 |
2019 |
28 |
9 |
2020 |
12 |
15 |
2021 |
9 |
1 |
¿Con cantos vehículos con máis de quince anos de antigüidade
ou máis de 300.000 quilómetros conta a Comandancia da Garda Civil de Ourense?
Resposta
(do 9 de xuño): “O número de vehículos da Garda Civil na comandancia interesada, con máis de 15 anos
de antigüidade ou 300.000 quilómetros, é de 64”.
Sobre os chalecos de protección individual:
¿Cantos chalecos de protección individual exterior e interior, de maneira desagregada para homes e mulleres, hai na actualidade na Comandancia da Garda Civil de Ourense e cantos caducarán ao longo do ano 2021?
Resposta
(do 24 de xuño): Externos estándar 324; externos específicos (femininos) 39;
internos estándar 40; internos específicos (femininos) 2.
Ademais
indícase que en 2021 non caduca ningún chaleco."
https://www.farodevigo.es/ourense/2021/07/15/60-coches-guardia-civil-15-55069146.html