Asisto esta tarde en Laias, á unha Xunta Directiva do Partido Popular de Ourense, na que o presidente Manuel Baltar anunciou a convocatoria do 18º Congreso Provincial que se celebrará na capital ourensá o domingo 26 de setembro.
A comisión organizadora estará presidida por
Jackeline Fernández, sendo o vicepresidente José Manuel Gil Carballo, e
secretaria Ana Fernández Morenza. Como vogais actuarán Milagros Pérez Currás e
Ana María Moreiras.
Coa participación de 934 compromisarios, o congreso
popular ourensán incluirá dous relatorios. Un primeiro titulado “Ourense século
XXI: potencialidades e servizos públicos”, no que traballarán César Fernández,
Ana Vázquez e Carmen Leyte, e un segundo sobre “Os concellos de Ourense,
protagonistas do futuro da provincia” , con Melisa Macía, Álvaro José Fernández
e Ricardo González como relatores.
Nesta xuntanza Baltar agradeceu o apoio recibido ata
agora por todos os afiliados, cargos institucionais e alcaldes, e manifestou a disposición de presentar a súa candidatura e dixo “póñome a
disposición de todos vos por cuarta vez para seguir facendo do PP a forza
política máis importante da historia de Ourense”.