Lembro que o BOE do 6 de agosto de 2019 publicou o anuncio de formalización dun contrato da Presidencia da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura O.A. relativo a estas obras de rehabilitación arquitectónica.
A data de adxudicación fora o 6 de xuño de 2019 e a adxudicataria resultou ser S.A. de Obras e Servicios, COPASA. O valor da oferta seleccionada foi de 7.611.000,00 euros. Co IVE a cifra do orzamento chega aos 9.209.310 €.
O prazo contractual de execución é de 30 meses, pero se verá superado pola aparición tras os traballos de demolición practicados na zona do núcleo construtivo orixinal románico, de novos restos arqueolóxicos ocupando zonas non documentadas ata o momento.
Estes achados obrigan á súa conservación integración na obra baixo o criterio dos servizos técnicos de Patrimonio do Estado.
As obras avanzan e o importante é que este extraordinario investimento cultural fágase con todas as garantías, para que podamos sentirnos orgullosos do noso gran patrimonio e mostralo aos que nos visiten.