A Xunta de Galicia manterá o vindeiro curso 2021/22 máis unidades en Infantil e Primaria ca no curso anterior á pandemia, 2019/20. Isto, malia á caída de matrícula nuns 6.000 alumnos nestas etapas.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica onte a modificación do catálogo de unidades que confirma, ademais, que se manteñen abertas todas as escolas unitarias en funcionamento.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade dispón todas as unidades precisas para dar resposta ás necesidades do sistema educativo o vindeiro curso.
Deste xeito, terá todos os postos escolares e o plantel de profesorado para garantir os máximos estándares de calidade do ensino, malia a tendencia de diminución do alumnado.
A evolución de alumnado e unidades pode apreciarse na seguinte táboa. Nela constátase un incremento de 191 unidades no vindeiro curso respecto ao último curso previo á pandemia (2019/20) a pesares de perder nese período 6.000 alumnos.