martes, 3 de agosto de 2021

Con respecto a xullo de 2020, descende en Galicia o paro nun -13,33% é o maior reflectido de toda a serie histórica (1996), superando en 3,88 puntos a caída do Estado (-9,45%)

 

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2021.

Son os seguintes:

Galicia:


Os datos do paro confirman que Galicia non só segue a resistir á covid-19 (hai preto de 40.000 parados menos que en abril de 2020, que marca o impacto inicial da crise sanitaria), senón que a cifra de parados rexistrada en xullo (151.934) é menor á de febreiro de 2020 (166.229), xusto antes do inicio da covid-19. 

O desemprego, ademais, baixou tanto na evolución anual como mensual e nas catro provincias e sete grandes cidades, nas mulleres, nos menores de 30 e maiores de 44 anos e nos principais sectores económicos.

Con respecto a xullo de 2020, o paro baixou un -13,33% (-23.377 persoas), o maior descenso porcentual de toda a serie histórica de datos (1996), o que inverte a tendencia negativa de xullo de 2020, cando subiu o desemprego. 

O paro en Galicia, deste xeito, baixa por cuarto mes consecutivo na evolución anual e segue a niveis de paro inferiores ao reflectido en xullo de 2009, isto é, ao rexistrado hai 12 anos. O desemprego baixa en todos os sectores económicos, liderando a caída a construción (-19,89%) e a agricultura e a pesca (-14,76%), seguidos do sector servizos (-12,33%) e da industria (-9,37%). Tamén descende nos colectivos prioritarios para a Xunta como son os menores de 30 anos (-29,67%), as mulleres (-11,25%) e os maiores de 44 anos (-6,48%).

A baixada do paro en Galicia é, ademais, maior que a reflectida no Estado con unha vantaxe de 3,88 puntos. De feito, a comunidade galega é a cuarta na que máis baixa o desemprego en termos absolutos.

Á caída do paro únese o aumento da contratación indefinida (+8,07%) e a tempo completo (+13,93%) e o crecemento nas afiliacións nun 3,04%, recuperándose por cuarto mes consecutivo o crecemento anual. Esta suba é a maior dun mes de xullo desde 2007.

Evolución mensual

O paro leva baixando sete meses consecutivos: Galicia é a única comunidade autónoma que experimenta esta caída do paro desde xaneiro e de xeito continuado ao longo de todo o ano. Con respecto a xuño deste ano, o desemprego baixa nun -3,67% (-5.784 persoas), un descenso maior que o rexistrado en xullo de 2019, antes da pandemia, cando o desemprego caeu na Comunidade autónoma nun -2,79% (-4.328 persoas). Tamén baixou nas catro provincias galegas, as sete grandes cidades, nos sectores económicos e nas mulleres, nos menores de 30 anos e os maiores de 44.

En canto ás afiliacións, Galicia é a terceira comunidade con maior subida en termos absolutos e o crecemento rexistrado (+1,42%) supera en 0,95 puntos o incremento do Estado (+0,47%). A contratación, ademais, medra nun 17,69% fronte á subida do Estado do +2,24%.

Galicia continúa resistindo á covid-19 e se atopa “no camiño da recuperación”, con menos paro que en febreiro de 2020, “froito da estabilidade” que, tal e como apuntou, demóstrase coa aprobación a semana pasada dun teito de gasto non financeiro para 2022 de 11.571 millóns de euros. “Isto permitirá continuar coa reactivación económica e do emprego e que Galicia recupere a mediados de 2022 o nivel de riqueza precovid”, engadiu.

Aos datos positivos de paro rexistrado súmanse os da EPA que se coñeceron a semana pasada e que confirmaron que a taxa de paro segue sendo mellor en Galicia (12,40 puntos) que no Estado (15,26 puntos), e que a ocupación recuperou a senda positiva con máis dun millón de traballadores pese á covid-19.

Ourense:

Baixa  o paro rexistrado en xullo en relación co mes anterior en 875 persoas, un – 4,81 %.

O número de parados queda en 17.325 deles 7.078 son homes e 10.247 mulleres, 16.608 son maiores de 25 anos e 717 menores.

Por sectores, 831 son da agricultura, 2.018 da industria, 1.268 da construción, 11.686 dos servizos e 1.522 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xulloo do ano pasado, 2.241 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do 11,45 %