Esta semana apareceu publicado no BOE o anuncio de
formalización dun contrato da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de
Cultura que ten por obxecto a redacción dos proxectos básico e de execución e
traballos complementarios da exposición permanente do Museo Arqueolóxico
Provincial de Ourense. O adxudicatario foi CCJVV OFFICE ARCHITECTS, SLP e o valor da oferta seleccionada: 92.443,64 euros.
Lembro que o BOE do 6 de agosto de 2019 publicou o anuncio de formalización dun contrato da Presidencia da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura O.A. relativo a estas obras de rehabilitación arquitectónica.
A data
de adxudicación fora o 6 de xuño de 2019 e a adxudicataria resultou ser S.A. de
Obras e Servicios, COPASA. O valor da oferta seleccionada foi de 7.611.000,00
euros. Co IVE a cifra do orzamento chega aos 9.209.310 €.
Agardamos que as obras sigan avanzando.