Asisto hoxe como invitado ao Congreso provincial do PP da Coruña no que Diego Calvo foi elixido presidente Diego Calvo, con un 96% dos votos, obtendo 780 dos 814 votos emitidos, en branco 31 e nulos, 3.
No seu discurso o reelecto presidente provincial, destacou que se abría unha nova etapa con ganas e ilusión, apelou á renovación integradora, e pediu aos afiliados fortaleza para recuperar para o PP a alcaldía nos concellos da provincia.
Na calusura, Alberto Núñez Feijóo, chamou a abrir as portas do PP aos que
cren nunha política mellor e ao servizo dos cidadáns, sinalando que todos eles teñen que poder ver no seu partido unha
referencia sólida de Goberno, unha alternativa atractiva e o proxecto que
mellor defende os seus.
Na súa intervención, incidiu na necesidade de dar motivos á cidadanía para que confíen nos populares xa que “con eles seremos máis fortes”.
Feijóo fixo fincapé en que a súa é unha formación coa man tendida e cos brazos abertos, que entende que é máis útil canto máis ampla sexa a base social á que se dirixe: “Neste partido non sobra ninguén que queira traballar”, e apostou por incorporar a esa mocidade que cre que na política son todos igual. “Aparentemente iguais pero realmente distintos”, diferenciou.
Sobre isto, engadiu que aínda falta moita xente que pode unirse á organización, referíndose a todas as persoas de votaron a outros partidos pensando que esa era unha forma de apostar polo PP, e que erraron. Neste xeito, apostou por manter en municipais e xerais o apoio acadado nas autonómicas. E iso pasa por sumar a aqueles votantes do PSOE que non están de acordo coa deriva dun partido que foi de Estado e que agora só é o Partido Sanchista.
E tamén por convencer aos que algunha vez optaron polo BNG porque pensaron que tiñan a patente de corso para defender Galicia e que agora son conscientes de que a nosa Autonomía non se protexe copiando ao independentismo vasco e catalán, nin sendo cómplices necesarios do desprezo de Pedro Sánchez á nosa Comunidade.
O PARTIDO QUE LIDEROU AS LOITAS DA NOSA INDUSTRIA
Durante o seu discurso, o presidente lamentou a forma en que os partidos da esquerda abandonaron nos últimos anos aos traballadores. Segundo recordou, o Administración de Pedro Sánchez provocou unha crise industrial absolutamente evitable por unha política enerxética inxusta e errática, poñendo 16.500 postos de traballo en perigo.
Como insistiu, a súa formación estivo e está coa xente, co emprego, coa actividade económica e cos sectores produtivos, defendendo sempre os intereses de Galicia. Nese senso, subliñou que, malia que a súa organización non provocou esta crise da industria, si buscou solucións das mans dos afectados polos erros que está a cometer o Goberno en materia industrial.
Por iso, o PP está enfronte deste Goberno tan insensible con Galicia. Ademais lembrou que, en 2016, o Pedro Sánchez do “non é non” tiña paralizada a gobernabilidade do país. Foron as eleccións autonómicas galegas as que provocaron que o seu partido lle dixera ao seu secretario xeral que con esas políticas e con esas decisións tiña que marcharse da dirección do PSOE. “Que importante é axudar ao teu país e ao teu partido” facendo política nacional dende a política autonómica, apuntou.