jueves, 2 de septiembre de 2021

En agosto baixa o paro en Galicia, algo que non ocorría desde 2017

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de 2021.

Son os seguintes:

Galicia:

Baixa o paro en 679 persoas (-0,44%), quedando situado en 151.264 persoas  Por primeira vez desde 2017 Galicia consegue reducir o paro mensual en agosto. Leva a Comunidade oito meses consecutivos de baixada.

Descende nos catro sectores: servizos lidera a baixada en termos absolutos (-328 persoas), seguido da industria (-230).   

Galicia ten moitos menos persoas paradas que no momento de maior impacto da pandemia: fronte a abril de 2020 son 40.365 persoas paradas menos (-21,06%). 

O paro rexistrado cae en 25.687 persoas (-14,52%) en relación a agosto de 2020. Fronte á caída do paro no Estado (-12,33%), a vantaxe de Galicia é de 2,19 puntos.

Galicia é a 3ª comunidade na que máis baixa o paro interanual en termos absolutos. É o maior descenso anual en termos absolutos e relativos de toda a serie histórica de datos (1996).

O paro diminúe no último ano nas catro provincias e sete grandes cidades; nos 4 sectores económicos liderando a construción (-19,78%) e o primario (-15,63%); e nos colectivos prioritarios: menores de 30 anos (-29,10%); mulleres (-12,35%); maiores de 44 anos (-8,32%). 

Ourense:

Medra  o paro rexistrado en agosto en relación co mes anterior en 88 persoas, un 0,51 %.

O número de parados queda en 17.413 deles 7.084 son homes e 10.329 mulleres, 16.682 son maiores de 25 anos e 731 menores.

Por sectores, 826 son da agricultura, 2.021 da industria, 1.291 da construción, 11.753 dos servizos e 1.522 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 2.288 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do 11,61 %