Coñecemos hoxe os datos de afiliación media á Seguridade Social no mes de agosto facilitados polo Goberno.
Galicia:
O número
medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado agosto
en 1.039.470 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 3.198 persoas
afiliadas respecto ao mes anterior (0,31 %).
Galicia mantense no
pelotón das comunidades autónomas que seguen a xerar afiliacións fronte ao
descenso de cotizantes experimentado no conxunto do Estado. De feito, é a
terceira con maior alza nas afiliacións en agosto respecto de xullo de 2021,
soamente precedida por Canarias e Baleares. A comunidade mantense por enriba do
millón de afiliacións á Seguridade Social
En
términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un aumento de 26.676 ocupados (2,63 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou
agosto con 809.404 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con
209.745 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.322 afiliados
medios.
Ourense:
O
número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado agosto
en 104.066 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 475 persoas
afiliadas respecto ao mes anterior (0,46 %).
En términos anuais, a afiliación no total
do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 1.486 ocupados (1,45
%).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou agosto con 80.757 afiliados medios e o
Réxime de Autónomos con 23.309 afiliados medios.