É algo sorprendente porque, a pesar de ter tanta urxencia por implantar o pago das autovías, o Goberno non presentou ningunha proposta concreta nin no Congreso nin no Senado, non lle formulou a cuestión ás comunidades autónomas.
Implantar peaxes nas autovías é unha medida moi seria e de moito calado que, polo menos, debe someterse a un necesario diálogo e a un imprescindible debate.
Pero no hai nada diso: levamos máis de dous anos escoitando o ruxerruxe, pero non vemos ningunha proposta concreta gubernamental de como se pretende materializar iso: nin cando, nin como, nin canto vai costar... Non se nos explica nada. E agora o Ministerio de Transportes di que é urxente que paguemos polas autovías.
Hai comunidades periféricas, como Galicia, que se temos que pagar polas autovías nos afastamos máis do centro e perdemos competitividade.
E ademais, a medida afecta a todos os usuarios das autovías e golpea de cheo o sector do transporte de mercadorías, que está a vivir un momento de crise moi severa e que pode ameazar o abastecemento de moitos produtos básicos como estamos a ver noutros países.
Polo tanto, ao Goberno de España esixímoslle menos presas, máis diálogo, máis sensibilidade e máis reflexión.