lunes, 18 de octubre de 2021

Miguel Corgos, novo conselleiro de Facenda e Administración Pública


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asinou, no día de hoxe, o decreto polo que nomea como novo conselleiro de Facenda e Administración Pública a Miguel Corgos López-Prado.


Ata o momento e desde 2009, Corgos ocupa o cargo de director xeral de Orzamentos -desde decembro de 2012 director xeral de Planificación e Orzamentos- do mesmo departamento. O novo conselleiro tomará posesión do seu cargo o próximo luns, 18 de outubro, tras a publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG).


Miguel Corgos López-Prado (A Coruña, 1971) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na especialidade de “Económicas. Economía financeira” pola Universidade da Coruña (UDC). Ademais, é máster en Administración Financeira e Tributaria (UDC) e posgrao en Auditoría de Contas (UDC-REA). Do mesmo xeito, realizou o curso da escala superior de finanzas na especialidade de intervención (Xunta de Galicia), o de escala superior de finanzas na especialidade de inspección e xestión tributaria (Xunta de Galicia) e ten o Diploma de directivo da Xunta de Galicia (Escola Galega de Administración Pública).


O máis salientable do currículum brillante de Corgos é que foi un colaborador directo do finado Valeriano Martinez , gran servidor público que regaloulle a súa intelixencia á nosa comunidade ata o último día.


Parabéns ao nomeado e moitos éxitos.