A XUNTA APROBARÁ UN NOVO PLAN ESTRATÉXICO ANTES DE QUE REMATE O ANO CO FIN DE
QUE GALICIA SEXA ACTOR CLAVE NO NOVO PARADIGMA SOCIAL E ECONÓMICO
- Constata que a pandemia puxo en evidencia a importancia dos coidados e dunha
Galicia familiar e moza, someteu a unha dura proba á Galicia innovadora e fixo
aínda máis evidente o acerto de seguir apostando pola Galicia verde
REFÍRESE AO RETO DEMOGRÁFICO COMO “O PROBLEMA NÚMERO UN” E PIDE UN DEBATE
NACIONAL ORIENTADO A CAPTAR POBOACIÓN ESTRANXEIRA DE FORMA LEGAL E ORDENADA
- Recorda que a Comunidade ten abertas as portas para todos os galegos do
exterior, “porque esta sempre foi e sempre será a súa casa”
FEIJÓO ANUNCIA QUE A PARTIR DO VINDEIRO CURSO TODAS AS ESCOLAS INFANTÍS DE
GALICIA SERÁN 100 % GRATUITAS
- Precisa que esta medida, que situará a Galicia á vangarda de España, afectará
as escolas públicas, as de iniciativa social, as privadas e tamén as municipais
dos concellos que estean ao día co Consorcio; e será para todos os nenos, tamén
para os primoxénitos
APOSTA POR SEGUIR A FOLLA DE RUTA GALEGA: MÁIS INVESTIMENTO, MENOS IMPOSTOS E
CONTROL DA DÉBEDA
- “Os Next Generation son unha ocasión irrepetible para transformar a economía.
E os erros de xestión, a arbitrariedade e a falta de transparencia do Goberno
non poden convertelos nunha oportunidade perdida”, recalca
MOSTRA O SEU REXEITAMENTO Á SUBA FISCAL MASIVA ANUNCIADA POLO GOBERNO CENTRAL E
GARANTE QUE GALICIA VOLVERÁ BAIXAR IMPOSTOS O ANO QUE VÉN
- Recorda que desde o ano 2009 logrouse que os galegos dispuxeran de máis de
1.000 millóns de euros nos seus petos, grazas á baixada de impostos
PIDE AO GOBERNO QUE SEXA ÁRBITRO IMPARCIAL NO DEBATE DO NOVO SISTEMA DE
FINANCIAMENTO AUTONÓMICO E NON O EMPREGUE COMO CONTRAPARTIDA PARA CONTENTAR AO
INDEPENDENTISMO
- Anuncia que o próximo 2 de novembro, Galicia, Asturias, Aragón, Castela e
León, Castela A Mancha, A Rioxa, Cantabria e Estremadura reuniranse en Santiago
para abordar este asunto
- Confirma que a vindeira semana manterá un encontro co presidente andaluz,
para analizar tamén esta materia
BLINDAR OS SERVIZOS PÚBLICOS: UNHA PRIORIDADE ANTES E DESPOIS DA PANDEMIA
FEIJÓO AVANZA QUE O GASTO SOCIAL VOLVERÁ AUMENTAR O PRÓXIMO ANO ATA O 71,1 %
- Confirma que os orzamentos do ano que vén volverán poñer no centro a
Sanidade, a Educación e a Política social
DI QUE O SERGAS ESTA PREPARADO PARA A 3ª DOSE DA VACINA CANDO DIGAN OS EXPERTOS
- Destaca como outra das prioridades completar o plan de recuperación da
actividade ordinaria
- Subliña que a saúde mental é un obxectivo de lexislatura como se pon de
manifesto no Plan de saúde mental, que contará con 83M€ para os próximos catro
anos
INSISTE NA PETICIÓN AO GOBERNO CENTRAL DE MÁIS PRAZAS MIR PARA ATENCIÓN
PRIMARIA E A ELIMINACIÓN COMPLETA DA TAXA DE REPOSICIÓN
- Afirma que o compromiso coa Atención Primaria tamén se reflicte nos
orzamentos, representando un terzo do total do gasto sanitario
A PARTIR DE 2022 IMPLANTARASE O NOVO MODELO DE RESIDENCIAS, QUE INCLUIRÁ GRUPOS
MÁXIMOS DE CONVIVENCIA E UNIDADES DE COIDADOS TRAS ALTAS HOSPITALARIAS
- Precisa que todas as residencias novas deberán estar divididas en unidades de
convivencia de 25 persoas como máximo, que servirán como pequenos fogares
dentro de cada centro
- Por outra banda, garantirase que o Servizo de Axuda no Fogar, o Xantar
na casa ou a atención en centros de día, chegue cada vez a máis persoas; e
apostarase polas casas do maior, chegando a preto de 100 este ano
- Confirma que no primeiro semestre de 2020 retomarase o autobús de Coidados
porta a porta, que chegará a 200 concellos;
REIVINDICA A MELLOR DÉCADA DA EDUCACIÓN GALEGA E ASEGURA QUE A NOVA
ARQUITECTURA E A TRANSFORMACIÓN DIXITAL PERMITIRÁN QUE SIGA SENDO GARANTÍA DE
CALIDADE, OPORTUNIDADES E FUTURO
- Crearase un centro especializado no ensino dixital e na innovación e
investigación educativa, con sede no Edificio Fontán da Cidade da Cultura
UNHA GALICIA MÁIS INNOVADORA E MÁIS VERDE PARA AFRONTAR OS RETOS DO NOVO
PARADIGMA ECONÓMICO
APLAUDE O ESFORZO COLECTIVO QUE FIXO POSIBLE TER XA MENOS PARO E MÁIS
AFILIACIÓNS QUE ANTES DA PANDEMIA
- Afirma que o mérito é daqueles sectores que foron capaces de crecer pese á
pandemia -o agroalimentario, o do mar ou o tecnolóxico-; e tamén dos que, tras
verse fondamente afectados, volveron abrir para comezar a recuperarse
REIVINDICA O BALANCE TURÍSTICO DO VERÁN E COMPROMETE UNHA PROGRAMACIÓN XACOBEA
PARA 2022 “Á ALTURA DO QUE NOS PERDEMOS EN PANDEMIA”
- Subliña que Galicia foi percibida como destino seguro e incide en que ten por
diante unha década xacobea para amosar todo o seu potencial
- Agarda que o Goberno siga implicado co Ano Santo bienal, coa: a
extensión das desgravacións fiscais ao próximo ano, a priorización do Camiño
nas campañas de Turespaña no exterior, ou un Plan de melloras no Camiño que
complete ao esforzo xa feito pola Xunta
ANUNCIA UN PACTO COS AXENTES SOCIAIS PARA GARANTIR QUE A FORMACIÓN ESTEA
ADAPTADA Á DEMANDA: “EN MATERIA DE EMPREGO TODOS A UNHA”
- Por primeira vez haberá préstamos parcialmente reembolsables, de xeito que os
investidores que se acollan a eles non teñan que devolvelos totalmente se
materializan un investimento que xere riqueza e emprego.
- A Xunta, entre outras medidas, seguirá incentivando o consumo; mantendo
as bonificacións para adquirir solo industrial e acompañando os proxectos
empresariais
A XUNTA CREARÁ A CARREIRA INVESTIGADORA PARA QUE TODOS OS INVESTIGADORES
PÚBLICOS TEÑAN UN MARCO COMÚN DE PROFESIONALIZACIÓN E ESTABILIDADE
ADVIRTE DE QUE A CRISE INDUSTRIAL NON É UNHA TRANSICIÓN XUSTA SENÓN TODA UNHA
RECONVERSIÓN FEITA ÁS BRAVAS QUE CÓMPRE IMPEDIR
- Deseñarase un polo enerxético para a transformación da industria a través da
introdución do hidróxeno verde na industria e o transporte, así como medidas
vinculadas ao almacenamento enerxético
PROPÓN ESTUDAR SE É VIABLE UBICAR A FÁBRICA DE FIBRAS TEXTILES NA PROVINCIA DE
LUGO
- Segue a defender unha intervención temporal da planta de Alcoa por parte do
Goberno, así como unha solución que impida o peche de Vestas
PIDE AO GOBERNO CENTRAL CREAR UNHA ZONA FRANCA EN FERROL E QUE A XUNTA SE
INCORPORE AO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE NAVANTIA
- Anuncia a creación dunha delegación da Xunta en Ferrol
A XUNTA SEGUIRÁ TRABALLANDO PARA ACADAR UNHA GALICIA VERTEBRADA E ACCESIBLE
PARA TODOS ADAPTADA ÁS NECESIDADES DA GALICIA ACTUAL
- Anuncia máis descontos e transbordos gratuítos, coa previsión de bonificar
case 18 millóns de desprazamentos en transporte público cada ano
- Nos vindeiros meses, os membros das familias numerosas poderán desfrutar
de descontos adicionais de entre o 20 e o 50% nas súas viaxes en autobús
- “Seguiremos vixiantes para que a entrada do AVE en Galicia, prevista
para decembro, se faga garantindo uns tempos competitivos”, asegura
40 ANOS DE AUTONOMÍA: UN MODELO POLÍTICO GALEGO PLURAL, ESTABLE,
PARTICIPATIVO E ABERTO A TODOS
PROPÓN DESAPRENDER A FRIVOLIDADE E A INESTEBILIDADE DA POLÍTICA NACIONAL E
AVOGA POLA MODERACIÓN GALEGA
- Sostén que estes 40 anos de autogoberno proban que son máis útiles as medidas
que o ruído