Son
os seguintes:
Galicia: Medra
o paro en 991 persoas (0,65%), quedando situado en 154.045 persoas. A subida do paro na evolución mensual é un
feito habitual en outubro tras o fin da campaña da vendima.
Con respecto aos datos do paro na evolución anual, a baixada do desemprego foi do -15,04% (-27-262 persoas).
Descende nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades; en todos os sectores económicos; nos menores de 30 anos; as mulleres; maiores de 44; e parados de longa duración.
A cifra de mulleres e de menores de 30 anos desempregados son as máis
baixas nun outubro de toda a serie histórica de datos (maio 2005).
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en outubro en relación
co mes anterior en - 34 persoas, un - 0,19 %.
O
número de parados queda en 17.573 deles 7.350 son homes e 10.223 mulleres, 16.675
son maiores de 25 anos e 898 menores.
Por
sectores, 963 son da agricultura, 1.977 da industria, 1.216 da construción, 11.831
dos servizos e 1.586 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 2.895 persoas
sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do -14,14
%