domingo, 14 de noviembre de 2021

Inaceptable para Galicia un sistema pago dunha tarifa por qm. de autovía percorridos que acentúe a nosa situación xeográfica periférica

 

Desde Galicia non podemos aceptar ningún sistema de pago dunha tarifa por qm. de autovía percorridos que acentúe a nosa situación xeográfica periférica e contribúa a afastarnos aínda máis do centro.
 
- O que  faría é condenar a Galicia a desaparecer dos mercados europeos e impulsar outros territorios máis próximos como Euskadi ou Cataluña. 

Son moitos os sectores que están a alertar das consecuencias nefastas que tería para a nosa competitividade e para os nosos sectores produtivos a implantación deste modelo.
 
- Iso suporía, por exemplo, multiplicar os custos do transporte necesario para situar o leite galego nos mercados europeos e impedir calquera posibilidade de competir con outros territorios. 

O único que lle pedimos  ao Goberno de España é que se pretende implantar un novo modelo de conservación de autovías, presente unha proposta concreta e a aborde coa seriedade e co rigor que merece: escoitando ás comunidades autónomas e a todos os sectores afectados. E que teña en conta un principio imprescindible: o equilibrio territorial.

 
Coas súas filtracións, globos sonda e medias palabras sobre este tema, o Goberno central o único que está a conseguir é xerar alarma, preocupación e malestar entre os cidadáns e os sectores produtivos.