lunes, 29 de noviembre de 2021

Por fin foi asinado o convenio de colaboración entre ADIF e Concello de Ourense para mellorar a permeabilidade viaria na rúa Ramón Puga e Tarascón


Según se informa por la web del Concello, “el alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, asinaron esta semana o convenio de colaboración entre ambas entidades para levar a cabo as obras de mellora de permeabilidade viaria na rúa de Ramón Puga e na localidade de Tarascón. Con este documento queda desbloqueada a execución destes proxectos, nos que ambas entidades viñan traballando desde 2016, e que agora reciben o impulso definitivo. A sinatura do convenio era o último trámite pendente para que ADIF poida licitar as obras e executalas.

O convenio ten como obxecto a execución de dous proxectos de mellora de permeabilidade da cidade en contornas polas que pasa a vía do tren, concretamente na rúa de Ramón Puga, onde existe un paso inferior para peóns e vehículos baixo a liña Zamora-A Coruña, e na localidade de Tarascón, onde un viaducto serve de paso superior para salvar a liña Monforte-Vigo. Para mellorar as condicións de uso executaranse obras de ampliación dos dous pasos existentes.

As obras son financiadas ao 50% polas dúas entidades tanto no relativo ás expropiacións de terreos como á execución das obras. Será en total un investimento de 1.178.550 euros, dos que Concello e ADIF achegarán 589.265 cada un. O ente ferroviario asumirá a licitación, adxudicación e execución das obras. Unha vez rematadas, entregarálle os viais ao Concello, que se encargará da súa conservación e mantemento, mentres que a infraestrutura ferroviaria seguirá sendo xestionada por ADIF. De acordo as previsións das dúas administracións, as previsión son adxudicar e iniciar a execución das obras no próximo ano 2022.

O goberno municipal expresa a súa satisfacción pola sinatura deste convenio, xa que estas obras “son moi necesarias e dan resposta a unha demanda que a veciñanza viña facendo desde hai anos. Agora o máis importante é que coa sinatura deste convenio xa temos un acordo firme e xuridicamente vinculante e consolidado para facer estas obras, que esperamos ver en marcha no próximo ano 2022”. Neste senso, o convenio ten a súa orixe nun protocolo asinado polo Concello e ADIF en 2016 polo que a entidade ferroviaria se comprometía a elaborar os proxectos. Estes se remataron a finais de 2018. Desde aquela data traballábase para avanzar na sinatura do convenio, cuxo articulado aprobouse finalmente no pleno do Concello do día 5 de novembro, e que se asinou electrónicamente o día 24.

ANTECEDENTES

O 22 de xuño de 2016 o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a  ministra de Fomento, Ana Pastor, asinaron un Protocolo de Colaboración entre o Concello de Ourense e o administrador de Infraestruturas Ferroviarias para o desenvolvemento da permeabilidade da Cidade.

No Expoñen terceiro do Protocolo constábase que actualmente na cidade de Ourense concorren:

“A liña ferroviaria Zamora- A Coruña que atravesa a cidade, localizándose un paso inferior na  rúa Ramón Puga, antiga estrada de  Rairo,  pk. 244/881 de  gálibo e anchura reducida e non está dotado de beirarrúas.

E a liña ferroviaria Monforte-Ourense-Vigo que atravesa a cidade, localizándose un paso superior á mesma no  p. k. 48/241 na Rúa  Tarascón, no que non se poden cruzar dous vehículos, e non está dotado de beirarrúas.

Tendo en conta esta problemática, ambas as partes, Concello de Ourense e ADIF acordaron que:

O ADIF comprometíase a redactar os proxectos de construción unha vez que recibise do Ministerio de Fomento a achega finalista necesaria para o seu financiamento.

E o Concello de Ourense entregaría a ADIF os estudos previos dos que dispoña cuxo obxecto sexa a definición das obras para executar para cumprir os obxectivos de ampliar o paso inferior da Rúa Ramón Puga para permitir o paso de vehículos lixeiros, dotándoo de beirarrúas. E  para ampliar o paso superior de  Tarascón, dotándoo de beirarrúa.

O proxecto de Tarascon  foi sometido por ADIF a información pública o 6 de xuño de 2018 , e o 11 de xuño de 2018 o proxecto de ampliación do paso inferior da rúa Ramón Puga.

Delo daba conta neste blog:

http://www.celsodelgado.gal/2018/06/sobre-el-proyecto-de-ampliacion-del.html

http://www.celsodelgado.gal/2018/06/publica-hoxe-no-boe-o-anuncio-do.html


O 22 de octubre de 2019 recibimos a boa noticia de que nunha reunión extraordinaria, a Xunta de Goberno do  Concello de Ourense deu visto e prace a sete modificacións orzamentarias. Unha delas relativa á habilitación dun crédito de 586.255,71  euros, para destinalos ao cofinanciamento das dúas  actuación.

http://www.celsodelgado.gal/2019/10/onte-recibimos-unha-moi-boa-noticia.html

Dicían que o seguinte trámite era levalo a Pleno do Concello para a súa aprobación e así estar en condicións de asinar o Convenio co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF)

Lamentablemente a situación anómala que vive o Concello de Ourense, levou a que este trámite tivese un enorme retraso.

En  todo caso celebro que finalmente, o Convenio fora asinado e agora estaremos pendentes de que ADIF licite as obras no vindeiro ano.

Neste sentido sinalar que no trámite no Congreso dos Deputados dos PGE para 2022, presentamos desde o GPP unha emenda por importe de 589.000 € para que ADIF financiara as obras dos pasos e foi rexeitada pola maioría gubernamental.

Esta era la justificación de la enmienda

“Hay que hacer constar que en la línea ferroviaria Zamora- A Coruña que atraviesa la ciudad de Ourense, hay un paso inferior en la rúa Ramón Puga, pk. 244/881 de gálibo y anchura reducida y que no está dotado de aceras. Y en la línea ferroviaria Monforte-Ourense-Vigo que atraviesa Ourense hay un paso superior a la misma p. k. 48/241 en la Rúa Tarascón, en el que no se pueden cruzar dos vehículos, y que no está dotado de aceras.

Teniendo en cuenta esta problemática, Concello de Ourense e ADIF acordaron que ADIF redactaría los proyectos, lo que quedó cumplimentado en 2018, correspondiendo ahora proceder a la ejecución de las obras, para la que ambas partes han mantenido conversaciones al respecto, causando por ello sorpresa la nula consignación presupuestaria de ADIF.”

En los PGE de 2018 este proyecto (4047) estaba dotado con 589,00 miles de euros, pero en el actual presupuesto no recibe consignación alguna."