Acadou a maioría absoluta con 186 escanos (32 máis que en 2008 e un 44,63% dos votos) fronte ao PSOE que obtivo 110 escanos (59 menos que en 2008 e un 28,76% dos votos).
GALICIA
Lembro que ao día seguinte, o 21 de novembro de 2011 en Santiago fixemos balance dos resultados en Galicia, que o presidente do PP de G Alberto Núñez Feijóo calificou de “históricos” e tirou dez puntos clave:
1. O PPdeG consolídase como a forza maioritaria da Comunidade. Así, se en 2008 a suma do PSOE e BNG superaba ó PP en case 120.000 apoios; desta volta o PP logrou máis de 220.000 votos que socialistas e nacionalistas xuntos, duplicando prácticamente o número de escanos que eles lograron.
2. O PPdeG consegue a maior porcentaxe de deputados logrados nunca cun 65%. Dous de cada tres parlamentarios galegos que senten no Congreso dos Deputados serán do PPdeG.
3. O PPdeG supera o 50% dos votos nas catro provincias galegas. Ademais, logra subir en todos os territorios da Comunidade respecto ás pasadas eleccións xerais de 2008.
4. O PPdeG é a forza máis votada en 307 dos 315 municipios galegos. É dicir, en case o 98% dos concellos de Galicia.
5. O PPdeG é a forza máis votada nas sete cidades galegas. Sobe 6 puntos no voto urbano respecto a 2008, superando ao PSOE en case 15 puntos.
6. O PPdeG rexistra a cuarta suba en porcentaxe de votos de todas as comunidades. A segunda se se ten en conta que en Aragón e en Extremadura o PP concorría en coalición con outras forzas políticas.
7. Das comunidades que teñen outorgado representación parlamentaria a máis de dúas forzas, Galicia é a segunda en porcentaxe de voto.
8. O PPdeG supera en aproximadamente 8 puntos a media lograda polo patido a nivel estatal. Concretamente Lugo medrou máis de 11 puntos na porcentaxe de voto respecto a 2008.
9. O PPdeG aspiraba a subir catro deputados e logrouno. O BNG aspiraba a manter a súa representación parlamentaria. Logrouno. O PSdeG aspiraba a ter un mellor resultado que o PSOE a nivel estatal. Non o logrou. De feito, o PSOE tivo máis dun punto de porcentaxe de voto que o PSdeG.
10. Un militante do PPdeG, un galego, vai a ser o próximo presidente do Goberno de España.
https://www.youtube.com/watch?v=JRy4mtd6ExE
OURENSE
En Ourense o PP presidido por Manuel Baltar obtivo o respaldo do 56,56 % dos electores, sendo a provincia con máis alta participación de Galicia (73,59%), cinco puntos por riba do ano 2008 e dous puntos máis ca media nacional (71,69 %), feito que lexitimou se cabe, aínda máis o triunfo electoral acadado polo Partido Popular.
Acadamos tres actas no Congreso: Celso Delgado, Guillermo Collarte e Ana Vázquez e tres no Senado, Carme Leyte, Francisco Fernández e Miguel Pérez de Juan.
Ourense foi a provincia de Galicia con maior apoio ao PP: 113.972 votos (56,65%) superando en catro puntos a media galega (52,52%) e en 12 puntos a media de España (44,62).
O PP de Ourense gañou en 9 dos 10 concellos máis poboados da provincia, vencendo tamén en todos os partidos xudiciais e superando en 20 puntos a suma de PSOE e BNG xuntos. O PP de Ourense foi a forza máis votada en 86 dos 92 concellos da provincia.
En Ourense capital, onde gañara o PSOE en 2008 con catro puntos de diferenza, o PP foi nesas eleccións a forza máis votada (47, 61%), 13,56 puntos máis que o PSOE. Extrapolando estes resultados o PP obtería a maioría absoluta: 15 escanos.
O 23 de novembro foi realizado pola Xunta Electoral Provincial o escrutinio do voto remitido polos electores incluidos no censo de residentes no exterior (CERA),.O resultado foi que e PP obtivo na provincia de Ourense un total de 1.664 votos, fronte aos 1.033 do PSOE e 133 do BNG.