Celebro moito que
o Consello da Xunta autorizara hoxe a adquisición por parte da Consellería de
Facenda e Administración Pública, de catro parcelas en Ourense por importe de
8,47 millóns de euros (IVE engadido) para a construción dun novo edificio
administrativo que unifique as distintas sedes administrativas que ten a Xunta
no Concello de Ourense.
Estas catro
parcelas están situadas nun solar de grandes dimensións situado preto do centro
de Ourense, na zona do Campus Universitario das Lagoas e que actualmente se
atopa en desenvolvemento urbanístico.
A adquisición
destes terreos e a posterior construción do novo edificio administrativo
permitirá liberar os inmobles que actualmente ocupan as distintas dependencias
administrativas e aforrar en alugueiros.
Esta actuación
enmárcase na liña patrimonial do Goberno galego de traballar na concentración
de espazos administrativos que beneficiará o conxunto dos cidadáns na súa
relación diaria coa Xunta de Galicia.