Esta mañá cheguei á estación de Ourense, que está apenas a 10 minutos andando da miña casa, ás 5:55. No vestíbulo da estación aínda en penumbra había algúns pasaxeiros do que era o primeiro tren que facía o servizo comercial AVE con Madrid.
Moitos xornalistas, e gráficos con cámaras esperaban tamén a apertura do embarque nesta histórica viaxe.
Comezou o control de equipaxes e accedemos a plataforma onde nos esperaba o tren S-112, saudei a persoal de Renfe que me informaron que viaxariamos 160 persoas. Tamén puiden sacar co móbil unhas fotografías de recordo.
Saímos con puntualidade, ás 6.30 horas e poucos minutos despois xa estabamos en Taboadela e desde aí, pola nova plataforma o tren comezou a aumentar sensiblemente a velocidade, superando o 200 Km. por hora e incrementándoa a medida que o tren avanzaba por unha sucesión continua de túneles e viadutos.
Xa preto de Zamora chegamos á mítica velocidade de 300 km/hora, e despois de deternos na capital castelá, renovamos a marcha e chegamos ás 8:43 a Chamartín, é dicir con dous minutos de antelación, polo que felicitei ao maquinista.
En definitiva foi unha viaxe magnífica.
Vídeo: El primer viaje comercial del AVE de Ourense a Madrid, "un día histórico" (20minutos.es)
El
primer viaje comercial en el AVE gallego: curiosos y retornos por Navidad
(elcorreogallego.es)
Primer AVE con pasajeros entre Ourense y Madrid: "¡Ya era hora!" (laregion.es)
El
tren AVE ya es para los pasajeros ‘de verdad’ (elcorreogallego.es)
Ourense 5:55 |
6:13 Embarque |
Billete |
6:22 |
Cabina maquinista |
6:33 |
7:08 |
7:18 |
Chamartín: 8:44 |
El maquinista |