O tramo Taboadela-Túnel de Rante foi adxudicado á UTE formada por Construcións Sánchez Domínguez San e Rover Infraestruturas por 83.443.980,59 euros (IVE incluído).
E o tramo Túnel de Rante-Conexión Seixalbo foi adxudicado a Rover Infraestruturas por 27.448.623,45 euros (IVE incluído).
Ambos os contratos comprenden a execución das obras de plataforma (infraestrutura) dos tramos, incluída a capa inferior de balasto, sendo obxecto doutros contratos posteriores a superestrutura (vía) e o resto das instalacións ferroviarias (electrificación, sinalización, comunicacións, etcétera).
Así mesmo, Adif Alta Velocidade adxudicou un contrato de consultoría e asistencia técnica para o control das obras do tramo Túnel de Rante-Conexión Seixalbo á UTE formada polas empresas Applus Norcontrol e Eptisa Servizos de Enxeñería por 1.573.000 euros (IVE engadido)
TRAMO TABOADELA-TÚNEL DE RANTE (5,6 km)
Este tramo da Variante Exterior de Ourense discorre polos termos municipais de Taboadela e San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense. O trazado dá continuidade á plataforma ferroviaria da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia a partir de Taboadela, con deseño para dobre vía electrificada en ancho estándar (1.435 mm), en ancho de plataforma de 13,60 m e entreeje de 4,30 m.
O túnel de Rante é a obra máis importante do tramo. Trátase dun túnel monotubo para vía dobre, de 3.410 m de lonxitude (o 60,9% do total do tramo) e 85 m2 de sección.
Dada a súa lonxitude prevense tres saídas intermedias de emerxencia mediante galerías transversais de 180 m, 449,5 m e 322,4 m, respectivamente, con saída directa ao exterior, permitindo a conexión das mesmas coa rede viaria existente e a disposición de áreas de socorro e rescate cunha superficie mínima de 500 m2.
Ademais, outras estruturas que se construirán no tramo son:
- Viaduto sobre o río Taboadela (23,5 m).
- Viaduto sobre río Mesón de Calvos (408 m).
- Paso inferior PI-2.0 (14 m).
- Viaduto sobre o Regueiro de San Benito (108 m).
- Paso inferior PI-0.7 (8 m).
TRAMO TÚNEL DE RANTE-CONEXIÓN SEIXALBO (2,26 km)
Este tramo discorre polos termos municipais de San Cibrao das Viñas e Ourense e soluciona o paso da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia pola zona periurbana da poboación de Seixalbo, aproveitando para iso o actual corredor ferroviario da liña Zamora-Ourense, dispoñendo a nova plataforma en paralelo á existente, na medida do posible, co fin de minimizar as necesidades de ocupación e a afección á contorna.
Xusto ao comezo do tramo executarase un viaduto de 356 m de lonxitude para salvar o cruzamento coa estrada N-525 e o río Barbaña.
Para evitar afeccións efectuarase unha solución de reforzo por encima do devandito túnel sen afectar á súa sección.
Un viaduto de tres vans, cunha lonxitude total de 54 m, servirá para salvar a estrada Ou-105 e a reposición do Camiño de Santiago/Vía da Prata. Outro viaduto, neste caso dun só van de 30 m, solucionará o cruzamento a distinto nivel coa futura estrada Bemposta– N525, actualmente en fase de proxecto.
O tramo conclúe uns 100 m antes do túnel de Curruxeiras existente na vía Zamora-Ourense. Os traballos incluirán ademais a construción dun paso inferior de camiño e outras obras menores, así como as reposicións de servidume e servizos afectados.
COMENTARIOS
El pasado 20 de julio de 2021 publiqué en este blog unha entrada dando conta de que na Plataforma de Contratación do Sector Público aparecian dous anuncios de licitación de ADIF Alta Velocidad de contratos de execución de obras en dous tramos do proxecto de construción de plataforma de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense (coñecida como Variante de Ourense). Taboadela-Túnel de Rante. Importe 80.422.119,45 € e Túnel de Rante-Conexión Seixalbo. Importe 24.652.046,04 €.
E escribía expresamente que "nesta ocasión felicito a ADIF-ALTA VELOCIDADE na persoa da súa presidenta Isabel Pardo de Vera, por cumprir co compromiso contraido de licitar estes dous tramos, cuxa duración unha vez culmine o proceso de adxudicación e fomalización do contrato, sera de 34 e 30 meses respectivamente.
Daquela o PSdeG-PSOE de Ourense emitíu unha nota de prensa que titulaba "O goberno socilaista impulsa a licitación dá variante exterior de Ourense". Paréceme normal e saudable que uno dos partidos do Goberno resalte a importancia destas licitacións e atribúase méritos.
Pero o que non eran de recibo as monumentais mentiras que se incluían na nota. Só teñen explicacion ante o absoluto descoñecemento da realidade ou unha mala fe desbordante e sectaria.
PRIMEIRA MENTIRA: "O impulso desta licitación so foi posible grazas a uun goberno socialista, logo que o proxecto estivese paralizado, desprezado, postegrado e vilipendiado polo executivo de Rajoy, unha Xunta silente e compracente ante aquela marxinación"
SEGUNDA MENTIRA: "Os conservadores meteron este tramo nun caixón do Ministerio de Fomento en 2012, e alí quedou agochado, porque non moveron nin un so papel ni puxeron un so euro para as obras, cando os trámites administrativos xa os deixou encarrilados o goberno de Zapatero"
TERCEIRA MENTIRA: "Non debemos esquecer que recibiu a impresentable cifra de cero euros nos orzamentos xerais do esstado de 2018, os últimos do PP, fonte aos centos de millóns incluidos nas actuais contas do goberno de Sáchez"
Leo hoxe nos medios de comunicación que onte o PSdG tras valorar positivamente a adxudicación destes tramos insiste nas mentiras alegando que o Gobernó do PP consignou cero euros nos OXE de 2018.
Para rebater estas mentiras presento este histórico da variante desde abril de 2014, que se pode contrastar vendo as publicacións das entradas deste blog e as ligazóns a Boletíns Oficiais e notas de prensa que referencio:
Anuncio 13146 del BOE núm. 88 de 2014
-No tramo Taboadela-Seixalbo, optimizarase o trazado para pasar sobre o río Mesón de Calvos.
- No tramo Seixalbo-Ourense, se implantará exclusivamente unha plataforma de vía dobre, cunha via de ancho UIC e outra de ancho mixto.
Ademais na Resolución dise que a redacción e aprobación dos proxectos constructivos e a execución das obras corresponderá a ADIF-Alta Velocidade.
Tamén se destaca polo Ministerio que xa se iniciou a tramitación ambiental da optimización do trazado do tramo Taboadela-Seixalbo, co envío ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente do correspondente Documento ambiental, para a avaliación de impacto ambiental simplificada conforme ao establecido na Lei 21/2013 de avaliación ambiental.
Esta Resolución confirma o expresado o 19 de abril de 2013 por Ana Pastor: a variante entre Taboadela e Ourense, é a solución máis adecuada para a chegada da alta velocidade e que a súa tramitación avanza decididamente.
27.4.2015: O Boletín Oficial do Estado publica o Anuncio do ADIF-Alta Velocidade polo que se somete a información pública, para os efectos de expropiacións, o Proxecto de Construción de Plataforma de Integración Urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Túnel de Montealegre-Estación de Ourense.
Anuncio 13221 del BOE núm. 100 de 2015
28.4.2015: O Boletín Oficial de Estado publica o Anuncio do ADIF-Alta Velocidade polo que se somete a información pública, para os efectos de expropiacións, o Proxecto de Construción de Plataforma de Integración Urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Seixalbo-Túnel de Montealegre.
Nesa reunión que presidiu a ministra Ana Pastor coa presenza do secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda Julio Gómez-Pomar, o secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar.
18.2.2016: Xuntanza de traballo deste Grupo no Ministerio de Fomento. Nesa reunión foron abordadas cuestión de gran importancia como a situación da dos proxectos da variante exterior da LAV entre Madrid e Galicia entre Taboadela e Seixalbo e entre Seixalbo – Túnel de Montealegre e a estación de Ourense. Tamén foron abordadas cuestión relativas á integración ferroviaria na cidade para dotala da máxima permeabilidade.
12.12.2016: Nun programa de televisión española, o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, foi entrevistado sobre cuestións do seu departamento. Falou da necesidade de que Fomento sexa cada día máis eficiente co diñeiro público. E neste contexto fixo unha reflexión sobre a proxectada variante exterior de alta velocidade de Ourense: “se por catro minutos de viaxe merece a pena destinar 600 millóns de euros ou se é mellor empregar ese investimento noutro fin” engadindo que o “debate centrouse máis en canto diñeiro hai que investir e menos en termos de tempos de viaxe”
13.12.2016: o deputado Celso Delgado declara no diario La Región “a variante exterior é necesaria como todos os quilómetros da conexión, e que é ademais sustentable económicamente e funcionalmente, e que se defende con argumentos". Lembrou ademais que o proxecto xorde do consenso alcanzado en 2013 entre todas as administracións e que nos últimos realizáronse diferentes avances para a súa licitación. E engadíu que "entendería unha solución temporal mentres non se finaliza, pero outra cousa é que se converta en definitiva".
O Ministerio quere aclarar deste xeito as dúbidas que se suscitaron no marco da reflexión de carácter xeral para buscar solucións que permitan anticipar a chegada da alta velocidade ás principais capitais españolas. En todo caso, a variante exterior de Ourense está contemplada dentro dos proxectos que este Ministerio ten previsto executar”
28 de xuño de 2017: O BOE publica a Resolución do 13 de xuño de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto Integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense, tramo Taboadela-Seixalbo.
Disposición 7461 del BOE núm. 153 de 2017
3 de abril de 2018: o Goberno de Mariano Rajoy presentou no Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2018.
E neles ADIF-AV contemplou o proxecto da Variante de Ourense.
6 de abril de 2018: o Consello de Ministros presidido por Rajoy, autorizou as operacións previas necesarias para que o tramo de ancho convencional (1.668 mm) Taboadela-Ourense transfórmese nun tramo da rede de alta velocidade de ancho internacional (1.435 mm).
Na nota que difundía ADIF-AV dicíase entre outras coas que "realizará unha adecuación integral da liña no tramo Taboadela-Ourense, para permitir que a alta velocidade chegue canto antes á capital ourensá e acúrtense os tempos de viaxe ata a Meseta." E engadía "As actuacións no tramo Taboadela-Ourense permitirán a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a Meseta mentres se tramita e constrúe a variante exterior de Ourense, polo que son complementarias ao proxecto de variante".
7 de maio de 2018: en Ourense, con ocasión da presentación do selo conmemorativo do centenario da Ponte Nova, o ministro de Fomento, Iñigo de la Serna dixo sobre a variante de Ourense: “que seguimos traballando nos proxectos e que mañá se publicará a aprobación da parte correspondente a Taboadela- Seixalbo, que era o primeiro dos tramos ou o que máis avanzado estaba.”
E estas palabras cumpríronse debido a que ao día seguinte, 8 de maio de 2018 o BOE publicou o anuncio da Subdirección Xeral de Planificación Ferroviaria da Secretaría Xeral de Infraestruturas pola que se aprobaba o expediente de Información Pública e Audiencia e definitivamente do "Proxecto Básico de integración urbana e acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Taboadela- Seixalbo".
Anuncio 26008 del BOE núm. 111 de 2018
Nel propoñíase como solución a desenvolver nos proxectos construtivos a "Alternativa Modificada" coas modificacións definidas no propio Expediente por mor das alegacións recibidas. Unha solución proposta así mesmo na Declaración de Impacto Ambiental. E dicíase ademais que a redacción e aprobación dos proxectos construtivos e a execución das obras corresponderá ao administrador da infraestrutura ferroviaria, de acordo co establecido no artigo 6 da Lei 38/2015, do 29 de setembro, do sector ferroviario.
E engadíase que “Nos proxectos construtivos que desenvolvan a solución aprobada teranse en conta as prescricións incluídas na mencionada Declaración de Impacto Ambiental, formulada por Resolución do 13 de xuño de 2017 da Secretaría de Estado de Medio Ambiente e publicada en BOE do 28 de xuño de 2017.”
Nunha nota de prensa do Ministerio de Fomento do citado día 8 de maio dicíase que "En marzo de 2014, aprobouse o “Estudo Informativo do Proxecto de Integración Urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense”. Durante a redacción dos proxectos que desenvolven o mencionado estudo no tramo Taboadela- Seixalbo, viuse a necesidade de expor un novo trazado alternativo, fundamentalmente por mor das dificultades geotécnicas na zona de Santa Leocadia, así como porque a propia Resolución de aprobación do estudo informativo prevía a necesidade de optimizar o trazado para pasar sobre o río Mesón de Calvos.
O proxecto desenvolve un trazado alternativo (Alternativa Modificada)á solución aprobada inicialmente e inclúe un estudo comparativo de ambas as alternativas e unha análise multicriterio que xustifica a idoneidade da solución proposta.
O trazado comeza en superficie, bordeando o núcleo rural de Espiñeiro polo norte e avanzando entre as edificacións da periferia das poboacións de Santa Leocadia e de Mesón de Calvos. Unha vez atravesada esta zona con maior poboación, cruza en túnel toda a elevación de Rante, continúa mediante un viaduto sobre a estrada N-525 e o río Barbaña, e discorre posteriormente sobre o túnel existente de Aspera, que será reforzado.
A continuación, o trazado aproxímase á vía existente e á zona urbana, cruza sobre o ferrocarril Zamora-Ourense e atravesa, de novo en túnel, o cerro de Curuxeirán, para volver separarse finalmente da vía existente.
O proxecto básico someteuse a información pública e audiencia en abril do ano 2015 e o pasado 13 de xuño de 2017 obtivo a correspondente Declaración de Impacto Ambiental ( DIA), de acordo ao establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Antes da súa aprobación, foi preciso completar outros trámites preceptivos desde a aprobación da nova Lei 38/2015, do 29 de setembro, do Sector Ferroviario."
1 de xuño de 2018: saíu adiante a moción de censura ao Goberno de Mariano Rajoy presentada polos deputados do Grupo Parlamentario Socialista e Pedro Sánchez obtivo a confianza da Cámara.
E o 7 de xuño comeza o mandato do novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, que nomea para a presidencia de ADIF-AV á Isabel Pardo de Vera, que era con anterioridade a Directora Xeral de Operacións deste ente.
“Optouse por aproveitar o trazado actual e modernizalo con 104 millóns, pero hai unha variante que se fará, que espera pola adecuación dos proxectos á normativa porque nós pensamos en termos ferroviarios que quedarnos con 14 qm. de vía única na entrada de Ourense pode, nalgún momento, condicionar a fiabilidade da liña. Adif ten que ter flexibilidade para que non haxa incidencias"
E engadiu Pardo de Vera que "confiaba en que os proxectos da variante exterior estean listos en seis meses para proceder á licitación da primeira fase, de 135 millóns.
Tras adecuar os proxectos á nova normativa, levantarán a suspensión do tramo Taboadela Xeixalbo, que será o primeiro en licitarse.”
E dicir viña a confirmar todos os anuncios realizados na etapa de goberno do PP, na que ela foi Directora de ADIFAV.
10 de xaneiro de 2019: o deputado Celso Delgado fixo desde o Congreso unha pregunta ao Goberno sobre "cando seríán licitadas as obras do tramo Taboadela-Seixalbo tras a aprobación definitiva en 2018 do proxecto básico de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense".
O 4 de mazo de 2019, recibía esta resposta:" O proxecto constructivo do tramo indicado está actualmente en fase de supervisión; unha vez concluida a mesma poderase continuar coa sua tramitación e posterior licitación"
O 7 de marzo de 2019 o Diario Oficial da Unión Europea publicaba tres anuncios periódicos indicativos, que tiñan por obxecto reducir prazos de recepción de ofertas.
Ditos anuncios prevían estimativamente a licitación o 1 de xullo de 2019 dos tramos de plataforma Taboadela-Túnel de Rante, por un valor de 88 millóns de euros, o Túnel de Rante-Conexión Seixalbo, por valor de 21 millóns de euros, e o da Conexión Seixalbo-Seixalbo, por importe de 9 millóns de euros, todos eles co IVE excluído.
Pois ben, nada do anunciado foi cumprido por ADIF-AV; non se publicou licitación das obras dos tramos antes mencionados e tampouco deuse polo administrador ferroviario ningunha explicación sobre as razóns desta demora nin oficialmente nin por vía parlamentaria.
O 4 de xaneiro de 2020, o Goberno rexistrou no Congreso unha resposta a unha pregunta que fixemos sobre este incum,primento e dixo: “En relación con los asuntos interesados, se señala que en el anuncio del pasado 7 de marzo de 2019 se indicaba como tentativa de licitación del contrato de obras del contrato “Variante de Ourense. Túnel de Rante-Conexión Seixalbo y Conexión Seixalbo-Seixalbo Plataforma, a finales de 2019. En todo caso, se indica que las publicaciones de anuncio de licitación en el Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) son informativas, no vinculantes.”
Unhas respostas claramente decepcionantes que evidenciban que ADIF-AV, non traballou con dilixencia e acreditaban no ter vontade real de licitar a variante exterior de alta velocidade ferroviaria entre Taboadela e Ourense,de 16,9 qm.
Finalmente o Diario Oficial da Unión Europea dedicado á contratación pública europea publicaba o 2 de abril de 2021 dous anuncios indicativos relacionados coa Variante de Ourense.
- Execución de obras do proxecto de construción de plataforma de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense. Tramo: Taboadela- Seixalbo. Taboadela-Túnel de Rante.
Valor total estimado IVE/IVE excluído: 80.422.119,45 EUR
Duración do contrato en meses: 34
Data estimada de publicación do anuncio de licitación: 30/06/2021
- Execución de obras do proxecto de construción de plataforma de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense. Tramo: Taboadela- Seixalbo. Subtramo: Túnel de Rante-Conexión.
Valor total estimado IVE/IVE excluído: 24.652.046,04 EUR
Duración do contrato en meses: 30
Data estimada de publicación do anuncio de licitación: 30/06/2021.
E o Diario Oficial da Unión Europea publicaba o 9 de abril de 2021 outro anuncio indicativo vinculado aos anteriores.
- Execución de obras. Variante de Ourense. Tramo conexión Seixalbo- Seixalbo
Valor total estimado IVE/IVE excluído: 12.338.090,91 EUR
Data estimada de publicación do anuncio de licitación: 31/12/2021.
Con todo ningún preanuncio fíxose en relación co tramo que iría desde Seixalbo polo túnel de Montealegre ata a estación de Ourense.
Finalmente ADIF-AV retrasou en dezanove días o compromiso contraido de licitar os dous primeiros tramos, o que considero unha demora sen importancia.
Remató dicindo que sobre o acontecido desde 2006 ata agora en relación co devenir da variante exterior pode consultarse a entrada que publiquei neste blog o 23 de marzo de 2012.
http://www.celsodelgado.gal/2012/03/el-pasado-16-de-diciembre-de-2011.html
CONCLUSIÓN:
De todo o relatado despréndese con nitidez que as afirmacións da nota de prensa do PSdeG –PSOE de Ourense son falsas.