Na comparativa interanual obsérvase un aumento de 25.614 afiliacións no total do sistema en Galicia (2,54%) e un aumento do 3,84 % (730.356 afiliacións) no conxunto estatal.
O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 3,25%, o que supón 14.011 afiliacións máis, seguida de Pontevedra (2,20%), Lugo (1,76%) e, por último, Ourense (1,60%). No que respecta ás afiliacións medias deste mes de novembro con respecto ás do mes de outubro de 2021, rexistrouse en Galicia un incremento do 0,28%. Só Lugo presenta unha taxa de variación intermensual negativa (-0,31%), mentres que o resto de provincias amosan datos positivos, sendo A Coruña a que máis se incrementa (0,50%).
As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 77,84% das afiliacións galegas en novembro de 2021, subiron un 0,37% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 3,19%. En España estas taxas foron do 0,37% con respecto a outubro de 2021 e do 3,19% en relación ao mes de novembro de 2020. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (72,09%).
Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Pontevedra (1,42%) amosa a taxa de variación interanual máis positiva, e Lugo (-1,14%) a máis negativa. O crecemento medio da comunidade galega sitúase entón no 0,54%. Para este réxime e con respecto ao mes de outubro de 2021, baixan todas as provincias agás Ourense, resultando para o conxunto de Galicia unha taxa do -0,06%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual (1,76%) e unha subida intermensual (0,03%).
No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a novembro de 2020, caen todas as provincias, destacando A Coruña (-2,37%). A taxa galega acada entón o -2,10%, inferior á de España (0,00%). Con respecto a outubro de 2021, A Coruña presenta unha baixada do 0,03%, mentres que Lugo (0,78%) e Pontevedra (0,26%) presentan taxas positivas. A taxa galega amosa un aumento do 0,21% con respecto a outubro de 2021. A taxa nacional é do -0,36%
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de novembro en 103.373 ocupados, cifra que supuxo un aumento de214 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,21)
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 1.624 ocupados (1,60 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou novembro con 80.141 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.232 afiliados medios.